Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.347

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de maio de 2002 pola que se regula a autorización de ensinanzas de educación para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, en centros de educación e promoción de adultos (EPA) e institutos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 54, prevé que a educación para as persoas adultas poderá impartirse en centros docentes ordinarios ou específicos. Desta forma, as persoas adultas contarán cunha oferta adaptada ás súas condicións e necesidades para alcanza-la formación básica prevista na mencionada lei, dispoñendo nos centros ordinarios dunha oferta e dunha organización destas ensinanzas adecuada ás súas características.

A Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a educación e promoción de adultos poderá adopta-las modalidades presencial, semipresencial e a distancia, e que a modalidade de educación a distancia utilizará un ou varios medios de comunicación e irá dirixida preferentemente á poboación adulta con dificultade de desprazamento ou de asistencia.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, no artigo 11 establece que as ensinanzas de adultos poderán impartirse tanto en centros específicos de educación e promoción de adultos como nos centros ordinarios de ensino non universitario que autorice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Co fin de adapta-la oferta da educación secundaria obrigatoria ás condicións, necesidades e intereses das persoas adultas, dictouse a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo), pola que se establecen as liñas básicas para o desenvolvemento do currículo das ensinanzas conducentes ó título de graduado en educación secundaria para as persoas adultas, e pola que se regulan as ensinanzas iniciais de niveis I, II e III conducentes ó título de graduado en educación secundaria.

Así mesmo, dictouse a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 25 de xuño de 1999 (DOG do 12 de xullo), pola que se ordenan e organizan as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas na modalidade de educación a distancia no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia, e na que se establece no artigo 2 que se poderá imparti-lo nivel III do ensino básico para as persoas adultas na modalidade de educación a distancia nos centros específicos de educación de adultos e nos institutos de educación secundaria expresamente autorizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De acordo coa Orde do 14 de abril de 1999 (DOG do 29 de abril), pola que se ordenan e organizan as ensinanzas de bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia, e coa finalidade de facilita-la continuidade do proceso formativo daquelas persoas adultas que cumpran os requisitos de acceso a estas ensinanzas, é necesario autoriza-los centros en que se van impartir na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, a implantación da nova estructura do sistema educativo fixo necesaria unha reestructuración dos centros, que se materializou no documento denominado Planificación inicial da oferta das ensinanzas para persoas adultas en centros específicos e ordinarios e que supuxo a creación, supresión ou modificación de diversos centros educativos da Comunidade Autónoma. Neste contexto, e dado que as ensinanzas de educación xeral básica e de bacharelato unificado e polivalente e curso de orientación universitaria se extinguirían de acordo cos prazos que establece o Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, que regula o calendario de implantación do novo sistema, e polo Real decreto 1773/1998, do 16 de febreiro, que o modifica, é necesario dictar normas que completen e adecuen á realidade as previsións previstas na Planificación inicial da oferta das ensinanzas para persoas adultas en centros específicos e ordinarios en relación coa oferta de ensinanzas para persoas adultas, nas

modalidades tanto presencial como a distancia.

Segundo a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, correspóndenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único.-Autorízase imparti-las ensinanzas de educación de adultos nos centros que se relacionan no anexo, nas modalidades presencial e a distancia consignadas en cada caso.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os centros que viñan impartindo ensinanzas pola modalidade a distancia e que non figuran no anexo desta orde deixarán de imparti-las referidas ensinanzas, así como calquera outra actividade docente, ó remata-lo curso escolar 2001/2002, e serán substituídas pola oferta regulada na presente orde.

Segunda.-Os centros específicos de Educación e Promoción de Adultos (EPA) colaborarán nas tarefas de matrícula, realización de exames e atención titorial na modalidade de bacharelato a distancia.

Terceira.-A documentación académica e administrativa que está en poder dos centros ós que alude a disposición adicional primeira custodiarase polos centros docentes públicos, ordinarios ou específicos de educación de adultos que determine a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas todas aquelas ordes e disposicións anteriores polas que se autorizaron ensinanzas de persoas adultas ou que se opoñan ó disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Directora xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional.

Director xeral de Centros e Inspección Educativa.

Director xeral de Persoal.

ANEXO

A Coruña

* Concello: Arteixo.

Código: 15023314 IES de Sabón.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Betanzos.

Código: 15001148 IES As Mariñas.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Cambre.

Código: 15026704 IES David Buján.

Educación secundaria para persoas adultas ou nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Carballo.

Código: 15027307 IES Isidro Parga Pondal.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidade de ciencias da natureza e da saúde.

* Concello: Cedeira.

Código: 15026376 IES de Cedeira.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidade de ciencias da natureza e da saúde.

* Concello: Cee.

Código: 15003224 IES Fernando Blanco.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Coruña, A.

Código: 15025621 EPA Eduardo Pondal.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Formación para a obtención de certificados de profesionalidade e programas que posibiliten a orientación e a inserción no mundo laboral.

Actividades de formación sociocultural.

Código: 15022607 IES Ánxel Casal-Monte Alto.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Código: 15005221 IES Eusebio da Guarda.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 15005397 IES Fernando Wirtz-Suárez.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 15005211 IES Salvador de Madariaga.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Culleredo.

Código: 15005749 IES Cruceiro Baleares.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Fene.

Código: 15032081 IES de Fene.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Ferrol.

Código: 15025751 EPA de Stª Mª de Caranza.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Formación para a obtención de certificados de profesionalidade e programas que posibiliten a orientación e a inserción no mundo laboral.

Actividades de formación sociocultural.

Código: 15006742 IES Concepción Arenal.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 15006754 IES Marqués de Suanzes.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de tecnoloxía.

Código: 15006778 IES Rodolfo Ucha Piñeiro.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Melide.

Código: 15008817 IES de Melide.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas ou nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Mugardos.

Código: 15025657 IES de Mugardos.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Muros.

Código: 15026388 IES Fontexería.

Educación secundaria para persoas adultas ou nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Narón.

Código: 15025268 IES As Telleiras.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Noia.

Código: 15026731 IES Campo de San Alberto.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Ordes.

Código: 15027782 IES nº 1 de Ordes.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Ortigueira.

Código: 15020544 IES de Ortigueira.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Outes.

Código: 15027976 IES Poeta Añón.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Ponteceso.

Código: 15026406 IES de Ponteceso.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Pontedeume.

Código: 15020556 IES nº 1 de Pontedeume.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Pontes de García Rodríguez, As.

Código: 15021767 IES As Pontes.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidade de tecnoloxía.

* Concello: Ribeira.

Código: 15014568 IES nº 1 de Ribeira.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Sada.

Código: 15026029 IES Isaac Díaz Pardo.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Santa Comba.

Código: 15026030 IES Terra de Xallas.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Santiago de Compostela.

Código: 15015743 IES Arcebispo Xelmírez I.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 15023466 IES Lamas de Abade.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidade de ciencias da natureza e da saúde.

Código: 15015767 IES Monte de Conxo.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de tecnoloxía.

Código: 15015755 IES Rosalía de Castro.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 15021482 IES San Clemente.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza a distancia, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Vimianzo.

Código: 15026418 IES Terra de Soneira.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Lugo

* Concello: Burela.

Código: 27013958 IES Monte Castelo.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde, de humanidades e ciencias sociais e de artes.

* Concello: Castro de Rei.

Código: 27015891 IES da Terra Chá, José Trapero Pardo.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Chantada.

Código: 27003151 IES Lama das Quendas.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas ou nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Foz.

Código: 27020562 IES de Foz.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidade de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Lugo.

Código: 27601509 EPA de Albeiros.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Formación para a obtención de certificados de profesionalidade e programas que posibiliten a orientación e a inserción no mundo laboral.

Actividades de formación sociocultural.

Código: 27006531 IES Lucus Augusti.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 27006516 IES nº 1 de Lugo.

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidade de tecnoloxía.

* Concello: Monforte de Lemos.

Código: 27007259 IES Río Cabe.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Ribadeo.

Código 27010933 IES Dionisio Gamallo Fierros.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Sarria.

Código: 27012036 IES Gregorio Fernández.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidade de humanidades e de ciencias sociais.

* Concello: Vilalba.

Código: 27013326 IES nº 1.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidade de humanidades e de ciencias sociais.

* Concello: Viveiro.

Código: 27013636 IES María Sarmiento.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de humanidades e de ciencias sociais e de tecnoloxía.

Ourense

* Concello: Barco de Valdeorras, O.

Código: 32001725 IES Lauro Olmo.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Carballiño, O.

Código: 32015037 IES Manuel Chamoso Lamas.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de humanidades e de ciencias sociais e de tecnoloxía.

* Concello: Celanova.

Código: 32016625 IES de Celanova.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Ourense.

Código: 32015581 EPA de Ourense.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Formación para a obtención de certificados de profesionalidade e programas que posibiliten a orientación e a inserción no mundo laboral.

Actividades de formación sociocultural.

Código: 32008941 IES Eduardo Blanco Amor.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 32008951 IES Ramón Otero Pedrayo.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Ribadavia.

Código: 32015475 IES Abrente.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Verín.

Código: 32013582 IES García Barbón.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Xinzo de Limia.

Código: 32014801 IES Cidade de Antioquía.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Pontevedra

* Concello: Baiona.

Código: 36019657 IES Primeiro de Marzo.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Bueu.

Código: 36019463 IES Johan Carballeira.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Cambados.

Código: 36019396 IES Francisco Asorey.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Cangas.

Código: 36019475 IES de Rodeira.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Estrada, A.

Código: 36002359 IES Antón Losada Diéguez.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Guarda, A.

Código: 36019244 IES A Sangriña.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Lalín.

Código: 36013758 IES Laxeiro.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de humanidades e de ciencias sociais e de tecnoloxía.

* Concello: Marín.

Código: 36015159 IES Chan do Monte.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Moaña.

Código: 36004745 IES A Paralaia.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Nigrán.

Código: 36015184 IES Escolas Proval.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Pontevedra.

Código: 36018872 EPA de Barcelos.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Formación para a obtención de certificados de profesionalidade e programas que posibiliten a orientación e a inserción no mundo laboral.

Actividades de formación sociocultural.

Código: 36006730 IES Frei Martín Sarmiento.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de tecnoloxía.

Código: 36018677 IES Luis Seoane.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 36006729 IES Valle-Inclán.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Porriño, O.

Código: 36019529 IES Ribeira do Louro.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Redondela.

Código: 36016656 IES Pedro Floriani.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Sanxenxo.

Código: 36019256 IES de Vilalonga.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Silleda.

Código: 36020350 IES Pintor Colmeiro.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas ou nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Tui.

Código: 36014544 IES Francisco Sánchez.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

* Concello: Vigo.

Código: 36018884 EPA Artes e Oficios.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel I.

Ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas, nivel II.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Formación para a obtención de certificados de profesionalidade e programas que posibiliten a orientación e a inserción no mundo laboral.

Actividades de formación sociocultural.

Código: 36011567 IES Castelao.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 36018173 IES de Teis.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de tecnoloxía, de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 36011634 IES nº 1 de Vigo.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de tecnoloxía, de ciencias da natureza e da saúde e de artes.

Código: 36017430 IES Ricardo Mella.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade distancia).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de tecnoloxía.

Código: 36011580 IES San Tomé de Freixeiro.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

Código: 36011592 IES Sta. Irene.

Educación secundaria para persoas adultas, nivel III (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, ensinanza presencial, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e de humanidades e ciencias sociais.

* Concello: Vilagarcía de Arousa.

Código: 36019669 IES Armando Cotarelo Valledor.