Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

EDICTO.

No BOP de Lugo número 108, do 13 de maio de 2002, aparece publicada a convocatoria e as bases de selección para cubrir en propiedade, mediante concurso-oposición, unha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral, vacante no cadro de persoal funcionario desta corporación.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello.

A Pastoriza, 23 de maio de 2002.

José Yánez García

Alcalde