Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2002 pola que se anuncia a adxudicación do mantemento das instalacións de iluminación pública por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudi

ca-lo mantemento das instalacións de iluminación pública conforme o seguinte contido:

1º Obxecto do contrato: é obxecto do contrato o mantemento das instalacións de iluminación pública.

2º Duración do contrato: dous anos, ata un máximo de catro.

3º Tipo de licitación: 18.400 euros.

4º Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida orzamentaria 432.2.1.0.01.

5º Garantía provisional: será ó 2 por 100 do tipo de licitación.

6º Publicidade dos pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán de manifesto nas oficinas municipais, Secretaría Xeral.

7º Garantía definitiva: o 4 por 100 do importe de adxudicación.

8º Presentación de proposicións: durante os quince días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP.

9º Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do cuarto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, excepto que o sinalado fose sábado, nese caso diferirase ó primeiro día hábil seguinte.

10º Modelo de proposición: o recollido na cláusula XXIII do prego de cláusulas.

A Laracha, 23 de abril de 2002.

José Manuel López Varela

Alcalde