Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.001

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de abril de 2002 pola que se establecen as bases que rexen determinados programas de axudas para o exercicio do ano 2002 da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude que, baixo a rúbrica xeral de Programas de Cooperación, están destinadas ó financiamento de accións de fomento de emprego por parte das entidades locais e se procede á súa convocatoria.

Advertido erro na exposición de motivos e na disposición adicional primeira da devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 75, do xoves 18 de abril de 2002, páxinas 5.270 e 5.276, cómpre face-las oportunas correccións:

No décimo primeiro parágrafo da exposición de motivos, páxina 5.270, onde di: « ..., tendo como límite global o 25% do crédito asignado nela, que é de 8.309.605 A», debe dicir: «tendo como límite global o crédito asignado nela, que é de 8.309.605 A».

Na disposición adicional primeira, páxina 5.276, onde di: «A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario, tendo como límite global o 25% do crédito asignado na aplicación 14.04.241A.460.0 da prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de 2001 para o exercicio económico de 2002, que é de 8.309.605 A», debe dicir: «A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario, tendo como límite global o crédito asignado na aplicación 14.04.241A.460.0 da prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de 2001 para o exercicio económico de 2002, que é de 8.309.605 A».