Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de incendios forestais IF 41/2002, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE do 13 de febreiro de 1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a Javier Ruiz de Almirón Schlung, funcionario desta delegación, que pode ser recusado en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo; edificio administrativo da Xunta de Galicia-Ronda da Muralla, 70.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 20 de maio de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: IF-41/2002.

Denunciado: Javier Álvarez López.

DNI: 33810169.

Enderezo: r/ Calvo Sotelo, 110. Lugo.

Feito denunciado: realizar unha queima de maleza sen autorización, abandonándoa antes de estar totalmente apagada, co conseguinte perigo para o arboredo colindante.

Precepto sancionador: artigo 138.b.c. do Regulamento de incendios.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 60 euros.