Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a subministración e instalación de terminais da rede Trunking para o ano 2002.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de terminais da rede de Trunking para o ano 2002.

b) Número de unidades que se van entregar:

ElementoUnidades

Base Trunking21

Equipo móbil Trunking25

Equipo portátil Trunking33

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de entrega: o que sinale a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

e) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 57.810 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 1.156,20 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17 e 981 54 60 26.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por calquera dos medios (un ou varios) sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por calquera dos medios (un ou varios) sinalados no artigo 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo quinto día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o décimo primeiro día natural seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.15 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais