Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a subministración de sesenta fotocopiadoras para a Administración de xustiza de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de sesenta fotocopiadoras para a Administración de Xustiza de Galicia.

b) Número de unidades que se van entregar: 60.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de entrega: o que sinale a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

e) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 288.000 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 5.760 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17 e 981 54 62 28.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por calquera dos medios (un ou varios) sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por calquera dos medios (un ou varios ) sinalados no artigo 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: 14 horas do 10 de xuño de 2002.

b) Documentación que se vai presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 20 de xuño de 2002.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 19 de abril de 2002.

12. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais