Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se modifica a do 27 de decembro de 2001 da autorización das instalacións electromecánicas, a aprobación do proxecto de execución e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Álabe-Mareiro. (Expediente 060-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Acciona Eólica de Galicia, S.A. con enderezo para efectos de notificacións no parque empresarial La Moraleja, avda. de Europa nº 18; 28108 Alcobendas (Madrid), sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Álabe-Mareiro; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 28 de xuño de 2000, Juan Antonio Alonso Comerma, en nome e representación de Acciona

Eólica de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Álabe-Mareiro, de 21 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto na disposición

transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto do parque eólico Álabe-Mareiro someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Decreto 2169/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas; Decreto 2617/1966, xa mencionado; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo do 17 de xaneiro de 2001, publicado no diario El Progreso do 20 de xaneiro, BOP de Lugo do 1 de febreiro, DOG do 25 de xaneiro, diario La Voz de Galicia do 27 de febreiro, Boletín Oficial del Estado do 24 de xaneiro e no taboleiro de anuncios do Concello de Ourol.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Rolando Rodríguez López, actuando en representación dos seus fillos Antonio e Mónica Rodríguez Cora, manifesta que a afección do predio nº 24 é incorrecta, non se trata de catro copropietarios, senón de catro propietarios con distintas afeccións, a parcela nº 67 resulta afectada polo parque e non lle foi notificada a afección, sendo os actuais propietarios os seus fillos Antonio e Mónica.

2. Carlos Basanta Rodríguez, manifesta que figura como afectado na parcela 24 e que a afección non está ben descrita e que quen figura como titular é Ramón Basanta Suárez sendo o alegante o titular actual por herdanza.

3. Guillermo Salgueiro Abad, en representación da sociedade municipal Hidroeléctrica de Ourol, S.L., alega unha posible incompatibilidade entre a área que se vai investigar promovida pola mesma e a zona de instalación do parque.

4. O Concello de Ourol oponse á instalación do parque alegando unha mingua nas súas competencias de ordenación de uso de territorio; o recorte de posibilidades para aproveita-la enerxía eólica no seu territorio; a preferencia do interese particular do promotor fronte ó interese público do concello e a oposición social ó proxecto que debería terse en conta ó avalia-lo impacto ambiental.

5. Delia Fernández Calvo, propietaria da parcela nº 48 solicita máis información sobre a afección da citada parcela.

6. Ricardo Llorente Morales, en nome e representación de Norte Forestal, S.A. propietaria do monte denominado Coto Mouro, manifesta estar disposta a realizar acordo amigable co promotor sen verse privada da titularidade de terreo.

7. José Martínez Torea, en nome e representación de Carmen Fraga Hermida titular da parcela nº 41, manifesta:

a) Improcedencia da declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens para efectos expropiatorios.

b) Imprecisa consideración do terreo.

c) Non se indica o prazo da autorización concedida.

d) Falta de determinación dos bens que se van expropiar.

e) Indeterminación da servidume de voo.

f) Improcedencia da expropiación de pleno dominio.

8. María del Carmen Herbón Rodríguez, propietaria da parcela nº 19, alega estar afectada por unha servidume de voo de 3,2085 ha e que non lle foi comunicada a citada afección, da que a súa titularidade se acreditará cando proceda.

9. José Antonio Fernández Pico, alega ser titular da parcela nº 66 que está afectado polo citado parque eólico sen que se lle notificase.

10. José Antonio Fernández Pico, en calidade de presidente da xunta rectora do monte Pena da Auga, Pedreizo e Pao do Lamoso, manifesta que a parcela nº 50 que na relación de bens e dereitos a titularidade figura como descoñecida, é propiedade da citada comunidade de montes acreditándose isto con copia da certificación do expediente de clasificación número 115/78 referente ó monte Pena Luisa, Chao do Curro, Pena da Auga, Pedreizo e Pao do Lamoso expedido pola delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente.

11. Porfirio López Pico, que alega ser titular da parcela nº 24, manifesta ser incorrecta a afección e solicita que se proceda á rectificación e á notificación desta.

12. Palmira Ferreiro González, alega ser titular da parcela 59, manifesta que a citada parcela na relación de bens e dereitos figura como descoñecida, solicita que se proceda á corrección e notificación da afección.

Terceiro.-O 25 de agosto de 2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Álabe-MareiroOurolXY

1614.6534.824.657

2616.2404.823.826

3616.3144.824.423

4617.5594.824.286

5617.8504.824.051

6 618.0894.823.323

7617.6894.822.868

8618.5774.821.842

9618.0004.821.400

10616.9854.822.790

11614.2074.824.345

Nº de aeroxeradores: 28.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: NEG-MICON NM750/44 e NM750/48.

Potencia total instalada: 21 MW.

Producción anual estimada: 56.723 MWh/ano.

Investimento previsto: 16.942.312,33 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-28 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recolla de media tensión.

-4 centros de recolla de media tensión para optimización de transporte de enerxía dotados cada un de transformador para servicios auxiliares e da súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recolla de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Álabe-Mareiro, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV

de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Cuarto.-O 9 de novembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, na cal se fixan as posicións de 12 aeroxeradores quedando os restantes pendentes de resituación ou confirmación e posterior informe.

Quinto.-O 27 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autiriza-la instalación dos equipamentos electromecánicos, aproba-lo correspondente proxecto de execución e recoñecer a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto; das 12 máquinas contempladas na DIA, quedando as restantes instalacións condicionadas ó informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a situar no concello de Ourol.

Sexto.-O 2 de abril de 2002 o promotor solicita que lle sexa modificada a autorización administrativa de maneira que se autoricen tódalas instalacións do citado parque, a excepción dos oito aeroxeradores dos cales a súa situación está pendente, aprobándose o proxecto de execución delas e recoñecéndose o réxime especial, quedando condicionado o inicio das obras na zona afectada polo estudio adicional de quirogais ó previo informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, Decreto 302/2001, do 25 de outubro e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada as mesmas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados estas tomaranse en

consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación incluíndose na correspondente folla de aprecio, cando se proceda á declaración de utilidade pública.

3. Deuse traslado á empresa promotora das distintas solicitudes de documentación complementaria formulada polos alegantes e esta tomou razón delas, procedendo ó envío da documentación.

4. En relación ós cambios de titularidade nas parcelas, a empresa beneficiaria tomará razón delas e procederase a tramita-lo expediente de expropiación forzosa cos alegantes. Non obstante durante a fase do levantamento de actas previas á ocupación, á que serán convenientemente notificados, deberán presenta-la documentación acreditativa da dita titularidade.

5. En relación coa alegación formulada por Guillermo Salgueiro Abad, en representación da sociedade municipal Hidroeléctrica de Ourol, S.L. cabe dicir que non ten aprobado ningún plan eólico estratéxico polo cal non hai incompatibilidade.

6. Con respecto á alegación presentada polo Concello de Ourol cabe manifestar, por un lado, que este non presentou ningún proxecto en competencia no momento oportuno, e por outro, o organismo competente para o desenvolvemento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia é a Consellería de Industria e Comercio e non é por tanto de competencia municipal. En canto a que debería terse en conta o impacto ambiental, hai que dicir que o citado proxecto conta con declaración de impacto ambiental.

7. En relación coas alegacións formuladas por José Martínez Torea, en nome e representación de Carmen Fraga Hermida cabe dicir que:

* A declaración de utilidade pública faise en virtude dos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico.

* O terreo afectado queda definido no proxecto da citada instalación.

* O prazo de autorización é indefinido.

* A relación de bens e dereitos delimita os bens que se van expropiar así como as afeccións dos ditos bens.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966 e o artigo 13 do Decreto 205/1995,

RESOLVE:

* Autorizar a Acciona Eólica de Galicia, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Álabe-Mareiro, que se situarán no concello de Ourol.

* Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

* Recoñecerlle a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Acciona Eólica de Galicia, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 338.846,24 A, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, número 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 16.942.312,33 A.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten os datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta dirección xeral. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade. Queda condicionado o inicio das obras dos aeroxeradores M-701 a M-705 e M-714 a M-716 e subestación da zona afectada polo estudio adicional de querogais, ó previo informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e de oito aeroxeradores M-721 a M-728 á situación deles.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Acciona Eólica de Galicia, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no rexistro de instalacións de producción de enerxía eléctrica en réxime especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, pre

sentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 9 de novembro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas