Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/140-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. Donas-Mañufe e C.T. Xunqueira.

Situación: concello de Nigrán.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 85 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde a liña Gon 8.07 á altura do p.k. 1.205 da estrada Baiona-Gondomar, ata o C.T. que se proxecta na Xunqueira, no concello de Nigrán de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra