Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: ampliación C.T. Rebullón II.
Situación: Mos.
Descricións técnicas: ampliación C.T. coa substitución dun trafo autorizado anteriormente de 400 kVA, por un novo de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V, no Rebullón II, no concello de Mos.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 12 de abril de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra