Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.951

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se abre un prazo para que o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, que non teñan horario no centro, soliciten praza provisional para o curso académico 2002-2003.

Por Resolución do 21 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, díctanse normas para a adxudicación provisional para o próximo curso académico 2002/2003, entre profesores de ensino secundario, formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñen destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na base décimo sexta da citada resolución establécese que con carácter previo á adxudicación das prazas deste concurso a Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria procederá á adscrición provisional daqueles profesores que, tendo destino definitivo, deban ser desprazados por falta de horario no seu centro de destino.

Coa finalidade de lle dar cumprimento ó establecido na base décimo sexta da Resolución do 21 de maio de 2002, convócase este concurso de acordo coas seguintes bases:

Primeiro.

1. Estarán obrigados a participar neste concurso, na súa especialidade, e a prazas da súa localidade, os funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que, tendo destino definitivo, deban ser desprazados por falta de horario no seu centro de destino, no curso académico 2002-2003.

2. Ós que, estando obrigados, non participen neste concurso, a Dirección Xeral de Persoal, por proposta da delegación provincial correspondente, adxudicaralles de oficio destino provisional para o curso académico 2002-2003 nun centro da localidade na que está destinado definitivamente.

3. Quedarán exentos de participar obrigatoriamente polo punto 1 os profesores que participen polo punto seguinte.

Segundo.

1. Poderán participar voluntariamente neste concurso, na súa especialidade, e a prazas da localidade ou localidades que elixan, os funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que, tendo destino definitivo, poidan ser desprazados por falta de horario no seu centro de destino, no curso académico 2002-2003.

2. Este profesorado poderá indicar se está disposto a completar horario con materias afíns ou, incluso, se impartiría substitucións en determinadas localidades.

Terceiro.

1. Considérase que un profesor non ten horario no seu centro cando non dispoña de ningunha hora da súa especialidade, despois de cumprirse tódolos criterios para determina-los cadros de persoal dos institutos de ensino secundario e centros públicos integrados establecidos no acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO. e CSI-CSIF, asinado o 21 de xullo de 1998.

Os criterios son os que a continuación se relacionan:

a) A definición dunha praza vén dada pola asignación de 18 horas lectivas semanais:

-A primeira praza de cada área ou materia determinarase a partir de doce horas semanais, agás nos centros que conten con especialistas, que sairá con 8 horas lectivas.

-A segunda e sucesivas prazas quedarán establecidas para cada especialidade a partir de 8 horas sempre que se completasen as 18 horas da praza ou prazas anteriores.

b) Para determina-lo horario lectivo de cada especialidade teranse en conta:

-As horas correspondentes a cada área ou materia nos plans de estudios, que inclúen a hora lectiva da titoría recollida no anexo I da Orde do 19 de xullo de 1996, e a reducción prevista para os titores dos ciclos formativos de formación profesional na Orde do 1 de agosto de 1997.

-As horas das materias optativas, sen supera-lo número máximo establecido.

-Tódalas materias propias da modalidade e optativas do bacharelato, cos agrupamentos que sexan posibles e tendo en conta o número de alumnos matriculados.

c) A atención á diversidade:

-Para a atención á diversidade (adaptación curricular e medidas de reforzo educativo) estableceranse 4 horas por grupo da ESO, e que serán distribuídas pola comisión de coordinación pedagóxica entre as diferentes áreas.

-Nos IES e CPI de dúas ou máis liñas de ESO poderá haber un grupo de diversificación curricular.

-Reducción horaria para os titores de ámbito: 2 horas.

d) Desdobramentos:

-Por cada grupo establecerase unha hora á semana para a conversa das linguas estranxeiras.

-Por cada grupo na área de ciencias da natureza e as materias de física, química, bioloxía e xeoloxía establecerase unha hora á semana para prácticas de laboratorio.

-Por cada grupo de tecnoloxía establecerase unha hora á semana para prácticas.

-Por cada grupo na área de educación física establecerase unha hora á semana para realizar actividades deportivas.

-Desdobraranse os módulos profesionais que se relacionen cando a Administración educativa determine que o número de alumnos do ciclo sexa superior a 22 (o acordo pon 20, pero establécense 22 polas previsibles baixas que se producen ó longo do curso).

e) Actividades de estudio alternativas á relixión:

-As horas correspondentes ás actividades de estudio alternativas á relixión teranse en conta para elabora-los cadros de persoal dos institutos e centros públicos integrados, priorizando indistintamente as horas nas especialidades de filosofía, latín, grego, xeografía e historia, lingua castelá e lingua galega.

f) Deduccións horarias:

Aplicaranse as establecidas na Orde do 1 de agosto de 1997 (DOG do 2 de setembro) pola que se dictan

instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos IES e se establece a súa organización e funcionamento, e a Orde do 3 de outubro de 2000, pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados, sempre que sexa posible atribuílas a unha especialidade.

g) Se é o caso teranse en conta:

-As horas que resulten do establecemento da educación de adultos. Dentro do ensino de adultos inclúense os estudios nocturnos.

-As horas que resulten do establecemento dos programas de garantía social.

2. Para acredita-la falta de horario no centro de destino definitivo, a Dirección Xeral de Persoal solicitará o correspondente informe á Inspección educativa.

Cuarto.-En virtude do establecido no acordo do 21 de xullo de 1998, a Inspección educativa velará porque os centros cumpran, segundo o profesorado do que dispoñan, os criterios relacionados no punto anterior.

Para estes efectos, a Inspección educativa velará porque as horas computadas para desdobramentos e atención á diversidade en cada centro se destinen realmente para tal fin.

Quinto.-Con carácter previo ó procedemento de elección de horarios previsto no punto 88 e seguintes da Orde do 1 de agosto de 1997 (DOG do 2 de setembro), e 109 e seguintes da Orde do 3 de outubro de 2000 (DOG do 2 de novembro), a xefatura de estudios determinará o número de profesores pertencentes a cada departamento que poderá elixir horario.

Este número virá determinado polo cociente que resulte de dividi-lo número total de horas asignado ó departamento entre 18, sendo de aplicación para os restos o establecido no punto terceiro desta resolución, e todo iso sen prexuízo de aplicación do establecido na Orde do 1 de setembro de 1987, pola que se adecua a xornada de traballo dos funcionarios docentes.

Sexto.-Os profesores que, como consecuencia da falta de horario, pasen a prestar servicios noutro centro ou no mesmo centro impartindo áreas ou materias atribuídas a especialidade distinta da que están destinados definitivamente, poderán participar voluntariamente no concurso xeral de traslados que se convoque no curso académico 2002/2003, cos mesmos dereitos que os profesores suprimidos.

Sétimo.-O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co modelo que se xunta como anexo.

Oitavo.-Os profesores que sexan titulares de máis dunha especialidade poderán pedir praza indistintamente por todas elas.

Noveno.-Os profesores das especialidades de administración de empresas e de organización e xestión comercial poderán solicitar, ademais, prazas da especialidade de economía, sempre que estean en posesión de titulación adecuada.

Décimo.-A adxudicación de prazas será realizada pola Dirección Xeral de Persoal, conforme os seguintes criterios de prioridade:

1. Prestar servicios na mesma localidade.

2. Prestar servicios na mesma provincia.

3. Data de toma de posesión. Se a data da toma de posesión é a mesma daráselle prioridade ó número

de rexistro de persoal máis baixo ou ó mellor número de oposición, segundo os casos. Se concorresen á mesma praza funcionarios procedentes de distintos corpos, anteriores á entrada en vigor da LOXSE, efectuarase un sorteo para determina-la preferencia.

Exclusivamente, para os postos dos centros específicos de educación permanente de adultos, terán prioridade aqueles profesores que conten coa experiencia no ensino a distancia.

Décimo primeiro.-Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal