Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre a determinación do potencial de desenvolvemento de centros comerciais urbanos en varios concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. (Expediente 1/02 DXC).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 1/02 DXC.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: realización dun estudio relativo á determinación do potencial das principais zonas comerciais existentes nunha serie de concellos galegos para configurarse como centros comerciais urbanos.

Prazo de execución: tres meses contados desde o día seguinte ó do asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 78.131,57 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación do contrato (1.562,63 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Telégono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion

Data límite de obenteicón de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica e financeira, de conformidade co artigo 16.1.a) e c) do TRLCAP, mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Se, por razóns xustificadas, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acreditra-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.

Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) e b) do TRLCAP, mediante a presentación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato, e por

medio dunha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5 -4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001; DOG nº 250)

Jesús Vázquez San Luís

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO