Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, que comprende o proxecto modificado do parque eólico de Tea, situado nos concellos de Covelo (Pontevedra) e Avión, Melón e Carballeda de Avia (Ourense). (Expediente 00/1-0 Eol-Modificado).

En cumprimento do disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e Decreto 302/2001, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Euro Vento, S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Aprobación da autorización administriva, proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto modificado do parque eólico de Tea.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Euro Vento, S.L.

Enderezo: Rúa Varsovia 4-C, 5ª planta. Área Central-As Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela.

Lugar: concellos de Covelo (Pontevedra) e Avión, Melón e Carballeda de Avia (Ourense).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (559.000, 4.687.000), V (559.000, 4.682.000), V (560.000, 4.682.000), V(562.000, 4.681.000), V(562.000, 4.687.000).

Características técnicas do parque eólico.

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

Potencia total instalada: 48,1 MW.

Tipo de aeroxerador: IZAR BONUS 1.300 kW.

Producción neta anual estimada: 120, 6 GWh.

Orzamento total: 34.650.391,44 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

-37 centros de transformación (en interior de cada aeroxerador) de 0,69/30 kV de 1.600 kVA de potencia, coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 18/30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora de 30/220 kV.

-A subestación transformadora de 30/220 kV de 100 MVA de potencia para evacuación de enerxía producida nos parques eólicos de Tea e Deva queda incluída no proxecto do parque eólico de Deva.

Afección a predios particulares.

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso peonil e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.) Superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral sita no edificio administrativo San Caetano - bloque 5 - 4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela) ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou

o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-Proxecto modificado do parque eólico de Tea

PropietarioSuperficie afección

Predio nºNome e apelidosEnderezoSitioUso do solo(S.E.)(S.P.)(S.V.)(P.E.)(O.T.)

1C.M.V.M.C. de Melón y QuinesDescoñecido

Rpte. Ministerio Fiscal

Palacio de Xustiza, Pza de Concepción Arenal, s/n, 32071 Ourense

Fonte Tea e Coto de XuízMonte baixo10.731 m42.436 m12.766 m120.950 m

2C.M.V.M.C. Vilar de CortegazasDescoñecido

Rpte. Ministerio Fiscal

Palacio de Xustiza, Pza de Concepción Arenal, s/n, 32071 Ourense

Pena de Muro Novo e

O Curro

Monte baixo5.180 m13.670 m5.870 m29715 m