Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre
to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: recuamento L.M.T. Redondela, entre os apoios 34 e 37.
Situación: concello de Redondela.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 90 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 34 ó 37 da L.M.T. Redondela, no concello de Redondela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 16 de abril de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra