Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/141-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de distribución polígono A Granxa, parcela 16.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 54 m de lonxitude, desde a galería do polígono A Granxa, entre os C.D. Ferroplas e Dalphi Covi, alimentando en bucle o centro de distribución que se proxecta na parcela N. 16 do polígono, no concello do Porriño, con tres celas de liña exterior, rematando no punto de inicio da liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra