Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.886

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, do tribunal V-B designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (ordenanza, telefonista e outros) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Na sesión celebrada o 23 de maio de 2002, o tribunal V-B, cualificador do proceso selectivo para a categoría 3 (ordenanza, telefonista e outros) do grupo V, acordou o seguinte:

Primeiro.-Anula-la pregunta número once (11) do cuestionario de acceso libre e a pregunta número un (1) de promoción interna, por non ser correcta a súa formulación.

Segundo.-Anula-la pregunta número vintenove (29) do cuestionario de promoción interna, por non ser correcta a súa formulación.

Terceiro.-Corrixi-lo erro advertido na táboa de respostas do primeiro exercicio tipo test publicado con data do 10 de maio de 2002, sendo que na pregunta número vintenove (29) do cuestionario correspondente a acceso libre e na pregunta número (24) correspondente a promoción interna a resposta válida é a A, e non a B tal e como se publicou no seu momento.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2002.

Ramón del Valle López

Presidente do tribunal V-B