Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.886

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o día 21 de maio de 2002, o tribunal designado por Orde do 23 de abril de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos, convocado por Orde do 12 de decembro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 1 de xullo de 2002, na aula 17 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 16.30 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 16.15 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2002.

José Antonio Campo Andión

Presidenta do tribunal