Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de maio de 2002 pola que se dictan normas para a concesión de equipos de comunicación bases e móbiles de radio Trunking ós concellos de Galicia para misións de protección civil.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 92, do 14 de maio de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

1. Na páxina 6.994, columna segunda, no artigo 3º relativo ó crédito, onde di: «Para a consecución do obxectivo ó que se refire a presente orde, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais destinará ata un límite dez millóns de pesetas, 57.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.231A.623.0, dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2002», debe dicir: «Para a consecución do obxectivo ó que se refire a presente orde, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais destinará ata un límite de 57.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.231A.623.0, dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2002».

2. Na páxina 6.995, columna segunda, no artigo 8º.1 onde di: «1. O alcalde do concello ó que se lle concedese material, disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para comunica-la aceptación.

A comunicación da aceptación pode facerse de forma telemática, a través do Portal dos Concellos Eido Local, sempre que se sinalase na súa solicitude o consentimento para a comunicación telemática como medio de comunicación», debe dicir: «1. O alcalde do concello ó que se lle concedese material, disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para comunica-la aceptación».

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE