Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.872

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 29 de abril de 2002 pola que se convocan axudas de carácter socioeconómico para o exercicio do ano 2002.

A Orde do 30 de novembro de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas de carácter socioeconómico prevé, que as convocatorias anuais, que poderán ser varias, se rexerán polas bases e condicións establecidas na dita orde.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN

Artigo 1º.-Convocatoria de axudas.

Convócanse axudas de carácter socioeconómico, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 30 de novembro de 2000 (DOG do 20 de decembro); o prazo de presentación de solicitudes de acordo co seu artigo 11 será o de trinta días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Xunto coa solicitude e o resto da documentación prevista no artigo 11 da Orde do 30 de novembro de 2000, achegarase certificación bancaria da conta da que sexa titular o beneficiario para efectos de pagamento, e na que se faga consta-lo código da entidade e da sucursal e número de conta.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario.

As subvencións concédense con cargo ó exercicio do ano 2002.

As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.614B.780.0 e por un importe de 463.268 euros.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos