Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO.

No BOP da Coruña número 69, do 25 de marzo de 2002, publícase o texto íntegro das convocatorias específicas 4/2000 (garda da policía local) e 5/2000 (alguacil porteiro), ambas de funcionarios de carreira.

No BOP da Coruña número 82, do 11 de abril de 2002 publícase o texto íntegro das convocatorias específicas 1/2002, (auxiliar administrativo) e 2/2002 (sarxento da policía local), ambas de funcionarios de carreira.

As bases xenéricas polas que se rexerán as citadas convocatorias especificadas foron aprobadas pola Comisión de Goberno do concello en sesión do 1 de febreiro de 2001 e publicadas no BOP do 16 do mesmo mes e ano.

O prazo de presentación de instancias a que se refiren as bases xerais (vinte días naturais) contarase a partir do seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As Pontes de García Rodríguez, 15 de abril de 2002.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde