Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de usos de predios en solo urbano da avenida Ricardo Sánchez.

O Pleno do Concello de Pontedeume, en sesión plenaria do día 6 de setembro de 2001, aprobou con carácter definitivo o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Pontedeume, relativa ó uso de predios en solo urbano da avenida de Ricardo Sánchez.

De conformidade co disposto no artigo 48.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, no BOP número 56, do 8 de marzo de 2002, publícase o documento que contén a normativa e as ordenanzas.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta notificación (artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa), advertíndose que tamén se poderá utilizar calquera outro

que se coide pertinente e exercerse as accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Pontedeume, 2 de abril de 2002.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde