Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LÁNCARA

EDICTO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do día dez de maio de dous mil dous, acordou prestar aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento na zona da Veiga, na Pobra de San Xiao, relativa á implantación dunha residencia xeriátrica promovida por Serge Lucense, S.A.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio. Todo isto sen prexuízo de que poidan exercer, se é o caso, calquera outro recurso que consideren procedente.

Norma reguladora: artigo 48 da Lei do solo de Galicia (Lei 1/1997).

Láncara, 16 de maio de 2002.

Eladio Capón López

Alcalde