Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 18 de marzo de 2002, acordou suprimir integramente na base décimo terceira, cualificación de méritos, o punto 3 «Experiencia profesional» das bases para cubrir en propiedade dúas prazas de administrativo de administración xeral, publicadas integramente no BOP do 9 de xaneiro e no Diario Oficial de Galicia do 27 de febreiro de 2002.

O que se fai público para os efectos oportunos.

A Estrada, 25 de abril de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde