Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes que se citan.

Subministracións.

Expediente: 008/2002.

Obxecto: adquisición de 2 espectrómetros de masas para a rede de infraestructuras de axuda á investigación e desenvolvemento tecnolóxico (edificio Cactus).

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 402.678,11 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 8.053,56 euros.

Prazo de entrega: 3 meses.

Expediente: 013/2002.

Obxecto: adquisición de mobiliario de laboratorio para a ampliación da facultade de farmacia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 547.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 10.940 euros.

Prazo de entrega: 30 de setembro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se entregarán: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

As citadas para cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Unidixital Rosalía de Castro nº 45, 15706 Santiago de Compostela, (teléfono e fax 981 58 89 38) correo electrónico info*unidixital.com ou na copistería Unicopia avenida de Madrid 11-15, 27002 Lugo (teléfono 982 28 03 85).

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00, extensión: 11260.

e) Fax: 981 54 70 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 10 de xullo de 2002.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) A data límite é o 10 de xullo de 2002.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Localidade e código postal: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, rexistro xeral, servicios centrais do campus de Lugo (edificio biblioteca intercentros).

Domicilio: polígono de Fingoi, s/n.

Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas: a apertura das ofertas é pública e realizarase en:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: Rúa Nova, 6.

Localidade: Santiago de Compostela.

b) Data: 15 de xullo de 2002.

Hora: 13 horas.

Lugar: sala de xuntas da Casa da Balconada.

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 20 de maio de 2002.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

P.D. (Resolución rectoral do 1 febreiro de 2000)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos