Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 16/2001, para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do edificio do Hospital de Piñor, pertencente a este complexo hospitalario.

Convocado o concurso público 16/2001 para a contratación do servicio de limpeza e desifección do edificio Hospital de Piñor pertencente ó Complexo Hospitalario de Ourense, e a vista das actuacións practicadas de conformidade coa lexislación vixente, esta xerencia xeral en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6, letra j) da Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, resolve facer pública a adxudicación do concurso de servicios que se cita:

1. Entidade adxudicadora: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, nº 52, 32005, Ourense.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público.

3. Categoría do servicio e descrición: servicio de limpeza e desinfección do edificio Hospital de Piñor pertencente ó Complexo Hospitalario de Ourense

4. Data de adxudicación do contrato: 23 de abril de 2002.

5. Criterios de adxudicación: calidade técnica. Programas de traballos e oferta técnica (organización técnica, controis de calidade e elementos materiais

e maquinaria): 40 puntos; oferta económica: 30 puntos; medios persoais: 20 puntos; innovacións, actualizacións e achegas de melloras: 10 puntos.

6. Número de ofertas recibidas: 8.

7. Nome e enderezo do prestador do servicio:

Clece, S.A. (NIF: A80364243), avda. de Tenerife, 4-6, San Sebastián de los Reyes (Madrid).

Prezo: cincocentos once mil trescentos corenta e seis euros con corenta e dous céntimos (511.346,42 euros), IVE incluído.

Período de execución do contrato: 2 anos.

8. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 4 de decembro de 2001.

9. Data de publicación do anuncio de licitación no BOE: 18 de decembro de 2001.

10. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 21 de decembro de 2001.

11. Data de envío do anuncio: 8 de maio de 2002.

12. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 26 de abril de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense