Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.798

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se dictan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2002/2003, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa finalidade de adxudicar destino provisional para o curso académico 2002/2003 ó profesorado sen destino definitivo dos corpos citados, convócase este concurso de acordo coas seguintes bases:

Primeira.

Convócase concurso, de acordo coas especificacións que se citan nesta resolución, para a provisión das necesidades de profesorado para o curso 2002/2003, nos centros que se relacionan nos anexos I, II, III e IV, entre o profesorado sen destino definitivo dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segunda.

Estarán obrigados a participar neste concurso, na súa especialidade:

a) O profesorado que resultou suprimido no proceso de adscrición regulado pola Orde do 1 de outubro de 1998 e que continúe nesa situación, agás que fixera a opción de ser recolocado na localidade na que foi suprimido.

b) O profesorado en situación de expectativa de destino que figura no anexo VI da Orde do 25 de abril de 2002, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos distintos corpos, que se ordenará por anos de celebración do concurso-oposición, e dentro de cada concurso-oposición polo número de orde obtido nel.

c) Os opositores que superen o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, convocados pola Orde do 12 de marzo de 2002 pola orde obtida no procedemento selectivo, agás os que estean exentos de realiza-la fase de prácticas e opten por continuar desempeñando servicios no seu corpo de orixe.

d) O profesorado interino, pola mesma orde que elixiron no curso académico 2001-2002.

e) O profesorado substituto, en función da orde de acceso á interinidade ou substitución.

Terceira.

Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) As correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo I desta resolución e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001Filosofía
002Grego
003Latín
004Lingua castelá e literatura
005Xeografía e historia
006Matemáticas
007Física e química
008Bioloxía e xeoloxía
009Debuxo
010Francés
011Inglés
012Alemán
016Música
017Educación física
018Psicoloxía e pedagoxía
019Tecnoloxía
053Lingua e literatura galega
056Informática BUP
061Economía
064Tecnoloxía fontanería
066Tecnoloxía industrial
101Administración empresas
102Análise e química industrial
103Asesoría e procesos de imaxe persoal
104Construccións civís e edificación
105Formación e orientación laboral
106Hostalería e turismo
107Informática
108Intervención sociocomunitaria
109Navegación e instalacións mariñas
110Organización e xestión comercial
111Organización e proc. de mantemento de vehículos
112Organización e proxectos de fabricación mecánica
113Organización e proxectos sistemas enerxéticos
114Procesos de cultivo acuícola
115Procesos de producción agraria
116Procesos na industria alimentaria
117Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos
118Procesos sanitarios
119Procesos e medios de comunicación
120Procesos e productos de téxtil, confección e pel
121Procesos e productos do vidro e cerámica
122Procesos e productos en artes gráficas
123Procesos e productos en madeira e moble
124Sistemas electrónicos
125Sistemas electrotécnicos e automáticos
800Multimedia
803Cultura clásica

b) O profesorado interino e substituto de clásicas poderá solicitar indistintamente as prazas de latín e grego entendéndose incluída para estes participantes a cultura clásica.

Os funcionarios de carreira procedentes de extinguidas especialidades de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo II d) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10 de outubro), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades

propias da formación profesional específica e VIII d) do Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, e que a continuación se relacionan.

Especialidade antigaEspecialidades novas

Tecn. administrativa e comercial-Administración de empresas.

-Organización e xestión comercial.

c) Os profesores de ensino secundario titulares das especialidades correspondentes poderán solicita-las prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos relacionadas nos anexos II e IV desta resolución. Para tales efectos deberán incluír na súa petición os códigos destes centros, aínda no suposto de que optaran por efectua-la súa solicitude por localidades.

d) Os titulares das especialidades de administración de empresas e procesos comerciais que posúan algunha das titulacións de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en ciencias económicas, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública poderán solicitar prazas de economía. Unha vez adxudicadas as prazas ós funcionarios de carreira da especialidade de administración de empresas adxudicaranse as prazas ós funcionarios de carreira de procesos comerciais, nun número igual á diferencia entre profesores en expectativa desta especialidade e o número de vacantes desta.

e) Os profesores da especialidade de análise e química industrial unicamente poderán solicitar praza desta especialidade.

f) Os profesores da especialidade de construccións civís e edificación unicamente poderán solicitar praza desta especialidade.

g) Os profesores en prácticas da especialidade de procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos unicamente poderán pedir praza desta especialidade.

h) Os profesores interinos da especialidade de procesos sanitarios poderán pedir prazas das especialiades de procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos e procesos sanitarios. Para os efectos da adxudicación de prazas no curso académico 2003-2004, figurarán na lista de interinos da especialidade na que resulten con adxudicación de praza neste curso académico. No suposto de non resultar con adxudicación de praza efectuarán opción de lista para o próximo curso académico.

i) Os profesores en prácticas e interinos da especialidade de procesos de producción agraria soamente poderán solicitar praza desta especialidade.

k) Os profesores en prácticas e interinos da especialidade de procesos na industria alimentaria unicamente poderán solicitar praza desta especialidade.

l) Os profesores interinos da especialidade de sistemas electrotécnicos e automáticos poderán solicitar praza desta especialidade e da de organización e proxectos de sistemas enerxéticos para os efectos de adxudicación de prazas no curso académico 2003-2004 resultará de aplicación o establecido na letra h) da base terceira.

Cuarta.

Os profesores do corpo de profesores técnicos de formación profesional poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base; sen prexuízo do establecido para a especialidade de procesos comerciais no punto anterior.

a) Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo I, e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

021Taller de vidro e cerámica
030Prácticas protésico dental
031Prácticas hixienista dental
033Prácticas e actividades
201Cociña e pastelería
202Equipos electrónicos
203Estética
204Fabricación e instalación de carpintería e moble
205Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos
206Instalacións electrotécnicas
207Instalacións e equipos de cría e de cultivo
208Laboratorio
209Mantemento de vehículos
210Máquinas, servicios e producción
211Mecanizado e mantemento de máquinas
212Oficina de proxectos de construcción
213Oficina de proxectos de fabricación mecánica
214Operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios
215Operación de procesos
216Operacións de producción agraria
217Patronaxe e confección
218Perruquería
219Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
220Procedementos sanitarios e asistenciais
221Procesos comerciais
222Procesos de xestión administrativa
223Producción de artes gráficas
224Producción téxtil e tratamentos físico químicos
225Servicios á comunidade
226Servicios de restauración
227Sistemas e aplicacións informáticas
228Soldadura
229Técnicas e procedementos de imaxe e son
230Fontanería
240Linguaxe de signos

Os funcionarios de carreira procedentes de extinguidas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo IV.c) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10 de outubro), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica e VIII b) do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, e que a continuación se relacionan.

Especialidade antigaEspecialidades novas

Práct. administrativas e comerciais-Proc. de xestión administrat.

-Proc. comerciais.

b) Os profesores en prácticas da especialidade de instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluí

dos unicamente poderán pedir prazas desta especialidade.

c) Os profesores en expectativa da especialidade de instalacións electrotécnicas unicamente poderán pedir praza desta especialidade.

d) Os profesores interinos e substitutos da especialidade de instalacións electrotécnicas poderán pedir praza desta especialidade e da de instalacións e mantemento de quipos térmicos e fluídos. Para os efectos de adxudicación de praza no curso académico 2003-2004, resultará de aplicación o establecido na letra h) da base terceira.

No suposto de que continúen quedando vacantes de instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídos, unha vez adxudicados os destinos provisionais os profesores en prácticas desta especialidade e os interinos e substitutos de instalacións electrotécnicas, adxudicaránselles ós interinos de máquinas, servicios e producción que non obtiveran praza.

e) Os profesores en expectativa de mecanizado e mantemento de máquinas unicamente poderán solicitar prazas da súa especialidade.

f) Os profesores en expectativa de destino da especialidade de oficina de proxectos de construcción unicamente poderán solicitar praza desta especialidade.

g) Os profesores interinos e substitutos da especialidade de oficina de proxectos de fabricación mecánica unicamente poderán pedir vacantes desta especialidade.

h) Os profesores en expectativa da especialidade de procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico poderán solicitar prazas das especialidades de procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotéxico e de procedementos sanitarios e asistenciais.

i) Os profesores interinos da especialidade de procedementos sanitarios e asistenciais poderán solicitar prazas das especialidade de procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico e de procedementos sanitarios e asistenciais. Para os efectos de adxudicación de prazas no curso académico 2003-2004, resultará de aplicación o establecido na letra h) da base terceira.

k) Os profesores en expectativa de destino da especialidade de estética poderán solicitar prazas das especialidade de perruquería e estética.

l) Os profesores interinos e substitutos que figuran na especialidade de estética dividiranse nas especialidades de perruquería e de estética, en función do título que posúan. Para tales efectos, xuntaranlle á solicitude o título correspondente.

m) Os profesores da especialidade de operacións de producción agraria unicamente poderán solicitar prazas desta especialidade.

n) Se unha vez adxudicadas as prazas ós especialistas de operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios continuasen quedando vacantes, serán ofertadas ós profesores que, se é o caso, quedaran sen adxudicación da especialidade de procesos

na industria alimentaria. No suposto de acepta-la praza, quedarán para as listas do próximo curso na especialidade de operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios.

Quinta.

Os profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que soliciten localidades entenderase que solicitan tódolos centros da localidade, incluídos no anexo I, pola orde que se publican nesta resolución. Se piden a localidade con afíns, entenderase que solicitan con prioridade tódolos centros desta sen afíns e, posteriormente, con afíns. Se desexan solicitar centros doutros anexos deberán especifica-la petición co código do centro.

Os profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que soliciten centros específicos de adultos, entenderase que piden, se é o caso, ámbitos de coñecemento, adxudicándose a praza na especialidade que figure no primeiro lugar.

Sexta.

Os profesores de escolas oficiais de idiomas, de acordo coas especialidades de que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001Alemán
002Árabe
006Español para estranxeiros
008Francés
009Galego
011Inglés
012Italiano
015Portugués
017Ruso

Sétima.

Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades de:

CódigosEspecialidades

401Acordeón
402Arpa
403Canto
404Clarinete
405Clave
406Contrabaixo
407Coro
408Fagot
409Flabiol i tambori
410Frauta traveseira
411Frauta de pico
412Fundamentos de composición
413Gaita galega
414Guitarra
415Guitarra flamenca
416Historia da música
417Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco
418Instrumentos de puga
419Óboe
420Órgano
421Orquestra
422Percusión
423Piano
424Saxofón
425Tenora i tible
426Trombón
427Trompa
428Trompeta
429Tuba

CódigosEspecialidades

431Viola
432Viola da gamba
433Violín
434Violoncello
435Danza española
436Danza clásica
437Danza contemporánea
438Flamenco
439Historia da danza
440Acrobacia
441Canto aplicado á arte dramática
442Caracterización e indumentaria
443Danza aplicada á arte dramática
444Dicción e expresión oral
445Dirección escénica
446Dramaturxia
447Esgrima
448Espacio escénico
449Expresión corporal
450Iluminación
451Interpretación
452Interpretación con obxectos
453Interpretación no musical
454Interpretación no teatro do xesto
455Literatura dramática
456Técnicas escénicas
457Técnicas gráficas
458Teoría e historia da arte
459Teoría teatral
460Linguaxe musical

Para a adxudicación de determinadas prazas nas que se vai imparti-lo grao superior das ensinanzas de música reguladas na sección primeira, capítulo I, do título II da LOXSE, poderá esixirse estar en posesión do título, superior de música ou equivalente do instrumento correspondente, segundo o artigo 1 do Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo. Para estes efectos, os solicitantes xuntaranlle á petición copia do título correspondente.

Oitava.

Os profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

006Dereito usual e nocións de contabilidade e correspondencia comercial
009Debuxo artístico
010Debuxo lineal
013Historia da arte
016Matemáticas
018Modelado e baleirado
033Técnicas audiovisuais
034Técnicas de deseño gráfico
035Técnicas gráficas industriais
037Teoría e prácticas do deseño
038Proxecto e deseño interiores
040Xemoloxía

Novena.

Os mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

006Cerámica artística
008Decoración
012Delineación
013Debuxo publicitario
015Deseño de figurinos
016Dourado e policromía
021Esmaltes
023Forxa
027Fotografía artística

CódigoEspecialidade

028Fotografía e procesos de reproducción
029Gravado
041Metalistería artística
047Ourivería
050Química aplicada á cerámica
052Repuxado en metal
058Talla en madeira
060Talla en pedra e madeira
063Técnicas de xoiería
065Baleirado e moldeado
066Proxecto e deseño de interiores
067Taller do moble
097Serigrafía
107Deseño gráfico asistido por ordenador

Décima.

1. Os participantes deberán manifestar na instancia de solicitude aquelas disciplinas afíns coas que desexan completar, se é o caso, horario.

2. De existir nun centro máis dunha vacante da mesma especialidade, unha delas cun horario completo e outra para completar con materias afíns, adxudicarase en primeiro lugar a praza ou prazas que teñan horario completo da especialidade pola que se participa.

3. O profesorado poderá solicitar un mesmo centro ou localidade con horario completo da súa especialidade e con materias afíns, na orde que coide conveniente. Para estes efectos deberanse repeti-los códigos dos centros nos que se dea a circunstancia, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude (A) que fai referencia a materias afíns. Cando se pretende solicitar un centro primeiro sen materias afíns e inmediatamente despois con materias afíns terán que trascribi-lo código do centro unha soa vez, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude. Na adxudicación terá prioridade a petición de centro ou localidade sobre a orde das materias afíns.

O profesorado poderá excluír da súa solicitude a petición de destinos de centros compartidos, sinalándoo no recadro correspondente da instancia.

Décimo primeira.

1. A orde de adxudicación dos destinos provisionais será por colectivos preferentes, conforme o previsto na base segunda.

2. Os profesores, interinos e substitutos que soliciten prazas da súa especialidade sen completar horario con ningunha outra materia, de non corresponderlles ningunha destas prazas, pasarán a formar parte da lista para posibles novas necesidades de interinidades ou substitucións. Ós profesores en expectativa de destino e en prácticas adxudicaráselles destino de oficio.

3. Ós profesores que solicitando prazas da súa especialidade completen o horario con outras materias, de non corresponderlles praza na súa especialidade adxudicaráselles praza noutra materia das indicadas como afíns, se existise vacante, unha vez colocados os colectivos sinalados nas letras a), b), c), d) e e) da base segunda desta resolución.

4. Ó profesorado substituto unicamente poderá adxudicárselle praza da súa especialidade con ou sen materias afíns segundo a solicitude.

Décimo segunda.

As prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos que queden vacantes, unha vez resolto o concurso entre os funcionarios en expectativa de destino, funcionarios en prácticas e, se é o caso, interinos, dos corpos correspondentes, seranlles adxudicadas ós profesores de ensino secundario, da respectiva especialidade que as solicitasen.

Décimo terceira.

Cando concorran a prazas de materias afíns profesores de distinta especialidade a orde de prioridade na adxudicación virá determinada pola pertenza a un colectivo preferente, de acordo coa base segunda desta resolución. No suposto de que pertenzan ó mesmo colectivo a orde será determinada pola data máis antiga de acceso á prestación de servicios como interino ou substituto. De coincidi-la mesma data de acceso a un posto de traballo na función pública docente, desempatarase por orde alfabética, iniciándose polo apelido coa letra S.

Décimo cuarta.

En virtude do establecido no punto 2º do artigo 5 da Lei de funcionarios civís do Estado, segundo a redacción dada polo artigo 54 da Lei 24/2001, do 27 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, os funcionarios interinos cesarán na praza adxudicada no suposto de que se incorpore o titular desta e, en calquera caso, o 16 ou 30 de setembro de 2003, segundo o calendario escolar. Para estes efectos, a Dirección Xeral de Persoal poderá establecer, logo de comunicación ás organizacións sindicais con representación na mesa sectorial docente non universitaria, que determinadas vacantes soamente poderán ser cubertas por profesorado interino ou substituto.

Décimo quinta.

Excepcionalmente, cando non se poida completa-lo horario da xornada de traballo con horas doutra especialidade no centro ou completa-lo horario noutro CPI ou IES, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá ofertar prazas de interinidades a tempo parcial, que en ningún caso será inferior a media xornada.

Estas prazas ofertaranse despois de realizada a adxudicación definitiva, sen que sexa preceptiva a súa aceptación.

Décimo sexta.

1. Con carácter previo á adxudicación das prazas deste concurso a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá a resolve-las peticións de reingreso no servicio activo solicitados con anterioridade ó 3 de setembro de 2002.

2. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas deberá terse rematado a adscrición funcional regulada polas instruccións da Dirección Xeral de Persoal do 4 de xullo de 2000.

3. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas procederase á adscrición provisional daqueles profesores que, tendo destino definitivo,

deban ser desprazados provisionalmente por falta de horario no seu centro de destino, depois de cumprírense tódolos criterios para determina-los cadros de persoal dos IES e CPI establecidos no acordo entre a consellería e as centrais sindicais ANPE, CC.OO. e CSI-CSIF, asinado o 21 de xullo de 1998, de acordo coas seguintes normas:

a) A adscrición provisional de efectivos dentro da mesma localidade efectuarase por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Inspección Educativa. No suposto de que o funcionario que se vai desprazar teña a posibilidade de ir prestar servicios en máis dun centro, por existir vacante da súa especialidade, será desprazado ó que el determine.

b) A adscrición provisional para unha localidade distinta dentro da mesma provincia de destino efectuarase por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Inspección Educativa, logo de conformidade do interesado.

c) A adscrición provisional a un centro situado en provincia distinta da de orixe será efectuado pola Dirección Xeral de Persoal, por proposta dos delegados provinciais, logo do informe da inspección educativa e da conformidade do interesado.

d) Cando varios profesores soliciten voluntariamente seren adscritos a outro centro por falta de horario no seu centro de destino definitivo, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

1. Prestar servicios na mesma localidade.

2. Prestar servicios na mesma provincia.

3. Data da toma de posesión. Se a data da toma de posesión é a mesma daráselle prioridade ó número de rexistro de persoal máis baixo ou mellor número de oposición, segundo os casos. Se concorresen á mesma praza funcionarios procedentes de distintos corpos, anteriores á entrada en vigor da LOXSE, efectuarase un sorteo para determina-la preferencia.

Décimo sétima.

1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 12 de marzo de 2002, o prazo será de cinco días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da lista de aprobados polos tribunais.

Os opositores mencionados no parágrafo anterior que xa fixeran a súa solicitude pola súa condición de interinos ou substitutos poderán acollerse a presentar no mesmo prazo e lugar mencionados anteriormente o documento que se xunta como anexo V.

Tódolos interesados poderán acollerse á solicitude formulada no curso académico anterior ou introduci-las modificacións que consideren oportunas a través da páxina web da Dirección Xeral de Persoal ou presentando a instancia que figura como anexo VII desta resolución.

No caso de utilización da páxina web da Dirección Xeral de Persoal, imprimirase a petición que poderá ser presentada no propio centro educativo no que se presta servicios. Neste caso, o centro procederá a remitirlle a solicitude á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

2. A solicitude formulada servirá para os cursos vindeiros sen que se teña que facer nova petición. O profesorado que desexe efectuar algunha modificación da súa petición inicial realizarao a través da páxina web da Dirección Xeral de Persoal, da forma que se determine.

3. Os profesores que superen os procedementos selectivos convocados noutra comunidade autónoma comunicarano á Dirección Xeral de Persoal para os efectos da súa exclusión na adxudicación da praza.

Décimo oitava.

1. Sen prexuízo do establecido no punto 1 da base anterior, os profesores que non utilicen a páxina web ou o anexo VII, farán as solicitudes, segundo o modelo oficial que estará á disposición dos interesados nas delegacións provinciais, presentándoas, por duplicado, orixinal e fotocopia, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 37.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Nas solicitudes deberanse consigna-los centros ou localidades que se solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran nos anexos desta resolución.

Cando non exista concordancia entre os dous exemplares da solicitude de prazas, terá validez a que sexa obxecto de tratamento informático. Calquera erro no número de código determinará que se anule a petición, se non corresponde a ningún centro existente.

3. Cando se soliciten prazas de máis dunha especialidade, de acordo coas bases desta convocatoria, deberanse repeti-los códigos dos centros ou localidades nos que se desexe obter praza, indicando no recadro da dereita da instancia o código da especialidade.

Décimo novena.

1. Non poderán participar neste concurso os profesores que teñan concedida unha comisión de servicios ou unha adscrición a un posto de traballo para o curso académico 2002/2003.

2. Aqueles profesores ós que, participando no concurso convocado por esta resolución, se lles conceda posteriormente unha comisión de servicios ou adscrición deberán remitir renuncia ó concurso, dirixida á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vixésima.

1. O día 17 de xuño de 2002, a Dirección Xeral de Persoal procederá a publica-las relacións de persoal, por especialidades e orde de adxudicación de

prazas nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Publicadas as relacións de persoal, ábrese un prazo de dez días naturais para presentar reclamacións.

3. Resoltas as reclamacións, a Dirección Xeral de Persoal procederá á adxudicación das prazas e facer pública a resolución provisional do concurso nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria durante o mes de xullo. Nas especialidades que hai convocatoria de concurso-oposición adxudicaráselles praza provisional soamente ós profesores en expectativa de destino.

4. Os concursantes poderán presentar reclamacións á resolución provisional, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, ata o 4 de setembro de 2002.

5. Resoltas as incidencias ás que se refire o punto anterior procederase a efectua-la resolución definitiva e a súa publicación na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Nas especialidades que impartan docencia na formación profesional específica, conservatorios e artes plásticas e deseño, a adxudicación poderá realizarse sobre o 26 de setembro de 2002.

Vixésima primeira.

O profesorado tomará posesión na unidade de persoal da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia de destino, e incorporarase ó centro con efectividade económica e administrativa da data fixada para o comezo de curso, agás no suposto de que o nomeamento ou toma de posesión se efectúe con posterioridade.

Vixésimo segunda.

Os participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 12 de marzo de 2002, que non estean incluídos nas listas dos aspirantes que superaron estes, nin nas letras d) ou e) da base segunda desta resolución serán incluídos nas relacións de aspirantes para desempeñar prazas de interinidades ou substitucións, sempre que estean en posesión da titulación que se relaciona para cada especialidade no anexo VI. Estarán exceptuados deste requisito de titulación os aspirantes que superen o primeiro dos exercicios da fase de oposición.

Este colectivo ordenarase para efectos de prioridade na elección por especialidades e dentro de cada especialidade por bloques, de acordo co número de exercicios superados; dentro destes bloques pola puntuación resultante da fase de concurso e oposición, unha vez realizada a ponderación prevista no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO V

Don/a

co DNI e domicilio para efectos

de notificación na rúa

CP localidade

provincia teléfono

Expón:

Que de conformidade coa resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 21 de maio de 2002, solicitou praza como

p Interino

p Substituto

No corpo de ,

especialidade de

Que superou o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional (rísquense os corpos que non procedan) convocado pola Orde do 12 de marzo de 2002 na especialidade de ,

polo que solicita que a súa petición sexa tramitada conforme a base décimo sétima da resolución mencionada.

..., ... de ... 2002.

Asdo.: ....

Director xeral de Persoal da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

ANEXO VI

EspecialidadeTitulacións

Xeografía e historiaLicenciado en:-Xeografía e historia-Humanidades

MatemáticasLicenciado en matemáticas

FrancésLicenciado en filoloxía francesa

MúsicaTítulo superior de música ou equivalente, segundo o Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo

Licenciado en xeografía e historia, especialidade musicoloxía

Psicoloxía e pedagoxíaLicenciado en:-Psicoloxía -Filosofía e ciencias da educación (espec. psicoloxía ou ciencias da educación)-Filosofía e letras (espec. pedagoxía ou pisocoxía)

Diplomados nas escolas universitarias de psicoloxía ata 1974

TecnoloxíaEnxeñeiro

Arquitecto

Licenciado en:-Ciencias físicas-Ciencias químicas-Ciencias-Mariña civil

Enxeñeiro técnico

Arquitecto técnico

Diplomado na Mariña Civil

Formación e orientación laboralLicenciado en:-Ciencias económicas-Ciencias empresariais-Dereito-Psicoloxía-Socioloxía

Diplomado en:-Ciencias empresariais-Relacións laborais-Traballo social-Educación social-Xestión e administración pública

Hostalería e turismoDiplomado en turismo

EspecialidadeTitulacións

InformáticaDiplomado en estatística

Enxeñeiro técnico en:-Informática de xestión-Informática de sistemas

Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas

Enxeñeiro superior en telecomunicacións

Organización e proxectos de sistemas enerxéticosEnxeñeiro técnico:-Industrial en tódalas súas especialidades-Aeronáutico, en tódalas súas especialidades-Obras públicas, en tódalas súas especialidades-Telecomunicación en tódalas súas especialidades-Naval en tódalas súas especialidades-Agrícola en tódalas súas especialidades-Minas en tódalas súas especialidades

Diplomado en máquinas navais

Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas

Licenciado en físicas, especialidade electrónica

Procesos de producción agrariaEnxeñeiro técnico:-Agrícola en tódalas súas especialidades-Forestal en tódalas súas especialidades

Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas

Procesos na industria alimentariaEnxeñeiro técnico agrícola especialidade en industrias agrarias e alimentarias

Procesos de diagnóstico clínico e productos ortoprotésicosLicenciado en medicina e cirurxía

Sistemas electrónicosEnxeñeiro técnico:-Industrial especialidade electricidade ou electrónica industrial-Aeronáutico especialidade aeronavegación-Informática de sistemas-Telecomunicación en tódalas súas especialidades

Diplomado en radiolectrónica naval

Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas

Sistemas electrotécnicos e automáticosEnxeñeiro técnico:-Industrial especialidade electricidade ou electrónica industrial-Aeronáutico especialidade aeronavegación-Informática de sistemas-Telecomunicación en tódalas súas especialidades

Diplomado en radiolectrónica naval

Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas

Cociña e pasteleríaTécnico especialista en hostalería

Técnico superior en restauración

Fabricación e instalación e carpintería e mobleArquitecto

Enxeñeiro:-Industrial-Montes-Materiais

Enxeñeiro técnico en:-Deseño industrial-Industrial, especialidade mecánica-Forestal, especialidade en industrias forestais ou en explotacións forestais

Técnico superior en producción de madeira e moble

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídosEnxeñeiro técnico:-Industrial en tódalas súas especialidades-Aeronáutico, en tódalas súas especialidadaes-Obras públicas, en tódalas súas especialidades-Telecomunicación en tódalas súas especialidades-Naval en tódalas súas especialidades-Agrícola en tódalas súas especialidades-Minas en tódalas súas especialidades

Diplomado en máquinas navais

Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas

Licenciado en físicas, especialidade electrónica

Mantemento de vehículosDiplomado en máquinas navais

Enxeñeiro técnico:-Industrial, especialidade en mecánica-Aeronáutico en tódalas súas especialidades-Naval, especialidade en propulsión e servicios do buque-Agrícola, en tódalas súas especialidades-Minas, especialidade en instalacións electromecánicas mineiras

Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas

Técnico superior en automoción

Sistemas e aplicacións informáticasEnxeñeiro:-Informática-Telecomunicación

Enxeñeiro técnico:-Informática de xestión-Informática de sistemas-Telecomunicación en tódalas súas especialidades

ANEXO VII

Don/a

co DNI e domicilio para efectos

de notificación na rúa

CP localidade

provincia teléfono

Expón:

Que de conformidade coa resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 6 de xuño de 2001, solicitou praza como

p Interino

p Substituto

No corpo de ,

especialidade de

Que de conformidade coa base décimo sétima, punto primeiro da Resolución do 21 de maio de 2002, acóllome á instancia presentada para o curso 2001-2002, corpo,

disciplina

..., ... de ... 2002.

Asdo.: ....

Director xeral de Persoal da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria