Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 133.8º en relación co 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e en cumprimento da resolución da alcaldía do 21 de maio de 2002, faise público que a xunta de compensación do polígono urbanístico número 10-A do PXOU prestou aprobación inicial, en asemblea xeral que tivo lugar o 20 de maio de 2002 á modificación do proxecto de compensación para o dito polígono.

O dito expediente queda sometido á información pública durante o prazo de 20 días hábiles contados

desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, podendo as persoas interesadas examinalo nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as alegacións que estimen oportunas.

Ribadeo, 21 de maio de 2002.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde