Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 6 de maio de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación do polígono 16 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, sito na Caeira, promovido pola sociedade Conprocaeira, S.L., como propietario único e asinado polo letrado redactor Manuel Corbal Durán e o arquitecto Miguel López Álvarez, e aproban igualmente a voloración do aproveitamento urbanístico do concello realizada pola empresa Sociedad de Tasaciones Inmobiliarias (Tinsa) e a súa reducción a metálico.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade con disposto no artigo 102 e 133 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo examinarse o dito documento no Servicio Municipal de Urbanismo e presentarse as alegacións correspondentes no dito prazo.

Poio, 9 de maio de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde