Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación do servicio dun (1) helicóptero con destino á vixilancia preventiva durante os anos 2002, 2003 e 2004.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: servicio dun (1) helicóptero con destino á vixilancia preventiva durante os anos 2002, 2003 e 2004.

2.2. Prazo de execución: vintecatro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: oitocentos corenta e un mil douscentos euros (841.200) IVE excluído.

5. Clasificación esixida:

Grupo III, subgrupo 9, categoría C ou grupo R, subgrupo 6, categoría C.

6. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: (16.824 euros).

7. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicación.

8. Documentación e información:

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións,

na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1239.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No punto asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A):

Realizarase no lugar antes indicado, as 13 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo se trasladará ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas:

Ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3. do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente