Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 15 de maio de 2002, da Subdirección Xeral de Réxime Administrativo, pola que se notifica a incoación do expediente disciplinario a Dolores Mercedes García Rubio.

Por resulta-lo seu domicilio descoñecido, por medio da presente cédula notifícaselle a Dolores Mercedes García Rubio, auxiliar de enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, o acordo do secretario xeral da Consellería de Sanidade do 13 de maio de 2002, polo que se lle incoa expediente disciplinario pola presunta comisión duns feitos polos que podería incorrer nunha falta moi grave tipificada no artigo 125.1º do Estatuto do persoal sanitario non facultativo ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social, polo abandono de destino, que se producirá

cando se deixe de prestar persoalmente o servicio por máis de tres días sen causa xustificada.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2002.

José Luis Carbajo Romero

Subdirector xeral de Réxime Administrativo