Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T. Seara de Arriba-Mundín, no concello de Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense. (Expediente IN407A 01/149-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense, sobre autorización, aprobación do proxecto e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-A petición someteuse a información pública por Acordo do 3 de decembro de 2001, desta delegación provincial, publicado no DOG do 22 de xaneiro de 2002, no BOP de Ourense do 26 de xaneiro e no xornal La Región do 27 de decembro de 2001, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-Durante o período de información pública presentouse a seguinte alegación:

-Carmen de la Fuente Rodríguez, como titular do predio nº 15 da relación de afectados, solicita, audiencia no expediente, oponse á urxente ocupación dos terreos afectados por non existir causa que o xustifique e, así mesmo, entende que hai outras alternativas que minoran os prexuízos que se producen en toda expropiación forzosa; polo que solicita a nulidade de todo o actuado e o arquivo definitivo do expediente.

Terceiro.-O proxecto, coas características básicas que se reflicten a seguir, recibiu o informe favorable dos servicios técnicos desta delegación provincial, efectuándose a comprobación sobre o terreo da traza da liña eléctrica proxectada, na que non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso ás que se refire o artigo 161 do citado Real decreto 1955/2000.

-Liña aérea a 20 kV en conductor LA-56 e apoios de formigón, de 313 m, con orixe no apoio 1000/15 da L.M.T., Os Peares-Luíntra e final no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA r/t 2.000/380-220 V en Mundín. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.

-Orzamento: 43.434,61 euros.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A delegación provincial de Industria e Comercio de Ourense é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas

polo Real decreto 1955/2000, e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).

Segundo.-Á vista da alegación presentada, da contestación dada pola empresa promotora e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que non se pode aceptar aquela xa que:

1. O expediente foi sometido ó trámite de información pública, segundo se indica no parágrafo primeiro dos antecedentes de feito, cumprindo a lexislación vixente e a alegante recibiu a súa notificación particularizada, na que se lle indicaba o seu dereito a facer alegacións.

2. A declaración de utilidade pública da instalación vén recoñecida polo artigo 52 da citada Lei do sector eléctrico, cumprindo para isto a empresa solicitante cos requisitos que se indican no artigo 53 daquela. Esta declaración implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

3. O cambio de trazado da liña suporía afectar a novos propietarios e modificaría as afeccións dos demais predios; ademais, o trazado elixido non incorre en ningunha das limitacións fixadas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, e busca acadar o equilibrio técnico-económico nos intereses concorrentes de acordo co artigo 4 do Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento técnico de liñas eléctricas aéreas de alta tensión.

Terceiro.-No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da sinalada Lei 54/1997, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. Así mesmo, as instalacións e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos necesarios.

Esta delegación provincial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. a execución das instalacións eléctricas previstas no proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Seara de Arriba-Mundín, situadas no concello de Nogueira de Ramuín.

Segundo.-Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas autorizadas, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Esta

do, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios dos mesmos e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo o levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifiquen individualmente, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 2 de abril de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense