En virtude do establecido nos artigos 9, parágrafo 1º, inciso segundo e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,
DISPOÑO:
Artigo único.-Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, Susana Budiño Rodríguez.
Santiago de Compostela, quince de maio de dous mil dous.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente