Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.722

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 159/2002, do 18 de abril, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 88, do 8 de maio de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

* Na páxina 6.628, no anexo I, onde di: «Estadías», debe dicir: «A. Estadías».

* Na páxina 6.629, no primeiro cadro, na «Especialidade Uroloxía», no procedemento «Escisión de lesión de uretra», aparece unha tarifa de «1.116.60», debe dicir: «1.116,60».

* Na páxina 6.630, no cadro da dereita, no procedemento «Estudio renal», aparece unha tarifa de «214.81», debe dicir: «214,81».

* Na páxina 6.631, no punto 4, onde di: «Hemodiálises», debe dicir: «Hemodiálise».

* Na páxina 6.632, no nivel II, na columna «Ciclo», onde di: «CDDP-GEM», debe dicir: «CDDP-XEM»; onde di: «CDDP-GEM-NVB», debe dicir: «CDDP-XEM-NVB», onde di: «5 FU-LEUCOVORIN-GEM», debe dicir: «5 FU-LEUCOVORIN-XEM»; onde di: «GEM», debe dicir «XEM»; onde di: «NVB-GEM», debe dicir: «NVB-XEM»; e onde di: «PP-GEM», debe dicir: «PP-XEM».

* Na páxina 6.632, no nivel II, na columna «Administración ambulatoria», onde di: «eritropoetina», debe dicir: «eritropoxetina».

* Na páxina 6.633, na columna «Ciclo», onde di: «TXT da-GEM», debe dicir: «TXT da-XEM»; e onde di: «TXT dm-GEM», debe dicir: «TXT dm-XEM».

* Na páxina 6.633, no nivel IV, na columna «Administración Ambulatoria», onde di: «TaxolB en doses medias (>85->191 mg/m2)», debe dicir: «TaxolB en doses medias (>85-<191 mg/m2)».

* Na páxina 6.634, onde di: «Tratamentos de pelve o pulmón que cumpran os requisitos anteriores», debe dicir: «Tratamentos de pelve ou pulmón que cumpran os requisitos anteriores».

* Na páxina 6.638, no punto 2, a tarifa 210,35, situada á altura de «*Oncoxenética», debe estar situada á altura de «Translocacións»; a tarifa 210,35, situada á altura de «-Marcadores de diseminación hematóxena», debe estar situada á altura de «Tirosinasa»; a tarifa 1.532,58, situada á altura de «-Outras», debe estar situada á altura de «BRCA-1 e BRCA-2»; a tarifa 480,81, situada á altura de «*Xenética de enfermidades moleculares», debe estar situada á altura de «17-a-hidroxilasa»; e a tarifa 210,35, situada á altura de «*Outras», debe estar situada á altura de «Monocigotismo».

* Na páxina 6.638, no punto 2, onde di: «Enfermidade Renal Cística Medular Autosómica Dominante», debe dicir: «Enfermidade Renal Quística Medular Autosómica Dominante»; e onde di: «Fibrose cística», debe dicir: «Fibrose quística».

* Na páxina 6.639, no primeiro cadro, onde di: «...hematopoéticos», debe dicir: «...hematopoxéticos».