Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 159/2002 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente ó xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretario ó xefe de negociado Constantino Alvar Cabido, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xusticia, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 6 de maio de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

Latino Gallega de Hostelería, S.L.B-27219781LU-E 159/0223 e) LO 1/1992Pintor Luis Seoane, 26, 1º LugoAta 30.050,61 euros e/ou clausura do establecemento polo período de ata seis meses

Eusebia Sánchez AraújoX-189761-FLU-E 180/0226 d) LO 1/1992Poeta Cabanillas, 11, 1º, LugoAta 300,51 euros

Eusebia Sánchez AraújoX-189761-FLU-E 179/0226 e) LO 1/1992Poeta Cabanillas, 11, 1º, LugoAta 300,51 euros

Eusebia Sánchez AraújoX-189761-FLU-E 162/0226 e) LO 1/1992Poeta Cabanillas, 11, 1º, LugoAta 300,51 euros

Eusebia Sánchez AraújoX-189761-FLU-E 156/0226 e) LO 1/1992Poeta Cabanillas, 11, 1º, LugoAta 300,51 euros

Nove Punto Tres, C.B. (Isaac, Benjamín e Juan Luis Fiallega López e Humberto Díaz Gabin)E-27143759LU-E 171/0226 e) LO 1/1992Avda. de Galicia, 10, baixo, RibadeoAta 300,51 euros

Jesús del Barrio Rivera33993901LU-E 150/0226 e) LO 1/1992Praza Maior, 16, 1º ViveiroAta 300,51 euros