Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 24/2002 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións dos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderán interpoñer os interesados recurso de alzada, perante o conselleiro

de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte o da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma haberá de aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e sancións que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramentoo pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 6 de maio de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

María López Salgado32841483LU-E 24/0226 e) LO 1/1992Luciano Trabadelo, 7, Chantada300 euros

María López Salgado32841483LU-E 31/0226 e) LO 1/1992Luciano Trabadelo, 7, Chantada300 euros

María López Salgado32841483LU-E 4/0226 e) LO 1/1992Luciano Trabadelo, 7, Chantada300 euros

José Antonio Álvarez Rodríguez34624369LU-E 26/0226 e) LO 1/1992José Antonio 54, Chantada90 euros