Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.674

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Seragua, S.A. (Bueu).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Seragua, S.A. (Bueu), con nº de código 3603532 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-4-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, en data 3-4-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo da empresa Seragua, S.A. (Bueu) anos 2002-2003-2004 e 2005

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal do centro de traballo en Bueu da empresa Seragua, S.A., concesionaria do Servicio Municipal de Abastecemento e Saneamento de Auga de Bueu.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o primeiro de xaneiro de 2002 sexa cal fose a data da súa publicación. Terá unha vixencia de catro anos, que finalizará o 31 de decembro do 2005, considerándose a partir de entón prorrogado de ano en ano, se non fose denunciado con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia inicial ou prorrogada.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio deberá efetuarse por escrito ante a autoridade laboral e a outra parte asinante, segundo o previsto en canto a prazo no artigo anterior.

Artigo 4º.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base de convenio e os complementos que para cada actividade e categoría se determinan no articulado do convenio.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 5º.-Salario base.

Para o ano 2002 o salario base de convenio é o fixado na táboa anexa nº I.

Para o ano 2003 o salario base será o fixado para o ano 2002, incrementado no IPC do ano 2002.

Para o ano 2004 o salario base será o fixado para o ano 2003, incrementado no IPC do ano 2003 máis un punto.

Para o ano 2005 o salario base será o fixado para o ano 2004, incrementado no IPC do ano 2004.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán en concepto de antiguidade as cantidades establecidas na táboa anexa nº II.

A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou segundo semestre do ano.

Artigo 7º.-Participación en beneficios.

O persoal acollido a este convenio percibirá por este concepto o quince por cento (15%) do importe do salario base mensual.

A participación en beneficios percibirase mensualmente.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal comprendido neste convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe, cada unha dela dunha mensualidade, calculada sobre o salario base maila antigüidade, que serán efectivas o 31 de marzo, o 30 de xuño, o 30 de setembro e 22 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte modo.

TrimestreAbono

Xaneiro, febreiro, marzoMarzo

Abril, maio, xuñoXuño

Xullo, agosto, setembroSetembro

Outubro, novembro, decembroDecembro

O persoal de novo ingreso, o que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de

marzo e xuño, que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio se aplicará para o persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de setembro e decembro.

Artigo 9º.-Complemento medioambental.

Por esta concepto os traballadores percibirán a cantidade de nove (9 A) euros/mensuais por mes efectivamente traballado.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Durante o ano 2002 aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de noventa euros con quince centimos (90,15 A) mensuais por este concepto, entendéndose, en todo caso, adsorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de complemento de distancia. O complemento de transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

Para os anos 2003, 2004 e 2005, aplicarase o mesmo criterio de revisión que para o artigo 5º, salario base.

Artigo 11º.-Quebranto de moeda.

A empresa no exime da obrigación de repoñer posibles perdas de diñeiro aqueles traballadores dos que función leve implícito o manexo do diñeiro.

Non obstante, como compensación do anterior, aboaráselle a cada un destes traballadores durante o ano 2002 a cantidade de trinta e seis euros con seis céntimos (36,06 A) por mes efectivamente traballado.

Para os anos 2003, 2004 e 2005, aplicarase o mesmo criterio de revisión que para o artigo 5º, salario Base.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias estructurais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da naturaleza do traballo que se vaia executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa nº III.

Artigo 13º.-Quilometraxe.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa, percibirá a cantidade de vintetrés céntimos de euro kilómetro (0,23 A/Km). Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Artigo 14º.-Comidas.

Ó persoal que, por necesidades da empresa, teña que comer ou cear fora do seu domicilio e dentro do termo municipal, aboaráselle a cantidade de sete euros con cincuenta céntimos (7,50 A), por cada unha das comidas que se vexa obrigado a realizar fóra da casa.

Artigo 15º.-Persoal de garda semanal. Dispoñibilidade e retén días non laborais.

Dispoñibilidade e rondas.

O venres de cada semana ata o venres seguinte estarán en dispoñibilidade un traballador para a rede e un para a depuradora, que portarán cadanseu buscapersoas, nos que recibirán tódolos avisos das situacións que se produzan no servicio, debendo acudir, en principio, o traballador de dispoñibilidade a eles coa debida prestancia, para a resolución das citadas situacións.

Os días non laborables, un traballador realizará polas diversas instalacións do servicio, unha rolda de vixilancia e mantemento durante dúas horas e media. Os horarios e tarefas serán fixadas polo xefe de servicio.

Estas roldas serán obrigatorias e rotativas entre tódolos traballadores de explotación.

A retribución polas roldas será de 22,54 euros/día.

A retribución pola dispoñibilidade será de 24,04 euros/semana para o persoal de rede e de 8,52 euros/semana para o persoal de equipos.

Confeccionarase un calendario anual coa asignación de dispoñibilidades e roldas.

As horas de traballo efectivas empregadas en reparacións urxentes fóra da xornada laboral retribuiranse como horas extras.

Artigo 16º.-Xornada de traballo.

A xornada para os anos 2002 e 2003 será de mil setecentas setenta (1.770) horas anuais, e para os anos 2004 e 2005 será de mil setecentas sesenta horas (1.760) e de 40 horas semanais distribuídas segundo o seguinte horario.

De luns a venres de 9 a 14 horas y de 16 a 19 horas.

Meses de xullo e agosto: personal de administración de 8 a 15 horas.

Personal de explotación de 7 a 14 horas.

Adaptarase a xornada resultante destes horarios ó cómputo anual establecido.

Artigo 17º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta días naturais, que se desfrutarán preferentemente no período comprendido entre o primeiro de abril e o 31 de outubro, excluído o seu desfrute nos meses de xornada intensiva.

A retribución en período vacacional será: salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

Artigo 18º.-Festas.

Terán consideración de festas todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da patroa. Se o primeiro de xuño fose día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior ou posterior.

Artigo 19º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes.

-15 días naturais en caso de matrimonio.

-2 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe, fillos, pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou o seu cónxuxe.

-2 días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe ou fillos.

-2 días naturais polo nacemento de fillo-a.

-1 día por traslado de domicilio.

-1 día por asuntos propios, previo o aviso de 72 horas.

-As licencias enténdense vinculadas ó feito causante, debéndose desfrutar ó producirse este.

Artigo 20º.-Fondo social.

O importe do fondo social para axuda de estudios, cultura, deporte, turismo social, etc., será para cada un dos anos de catrocentos vinte euros (420 A), con destino a tódolos traballadores.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución e contía para aplicar en cada caso, por proposta do delegado de persoal.

Artigo 21º.-Roupa de traballo.

Subministraráselle a todo o persoal as necesarias e habituais roupas de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte.

-Camisa de manga curta: 2 ó ano.

-Camisa de manga longa: 2 ó ano.

-Pantalón: 2 ó ano.

-Calzado de seguridade: 1 par ó ano.

-Anorak: 1 cada dous anos.

-Chaqueta curta e pantalón: 2 ó ano.

-Roupa de auga (cando o posto de traballo así o requira).

-Botas de seguridade: 1 par ó ano.

-Luvas de caucho: segundo necesidades.

-Botas de auga: 1 par ó ano.

-Funda de traballo: 2 ó ano.

A utilización da roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente a primeiro de outubro para a roupa de inverno e o un de xuño para a roupa de verán.

Artigo 22º.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que lle garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións.

a) En caso de falecemento por accidente de traballo o enfermidade profesional nove mil quince euros (9.015 A).

b) En caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional doce mil vinte euros (12.020 A).

Artigo 23º.-Situación de incapacidade temporal.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores durante a situación de IT derivada de accidente de traballo e desde o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade, participación en beneficios e parte proporcional das pagas extras.

De igual forma, complementarase ata o 100% do salario base máis antiguidade, participación en beneficios e parte proporcional das pagas extras, nos casos de hospitalización e mentres dure esta. A devandita situación deberase acreditar fidedignamente para xera-lo dereito a este complemento.

Artigo 24º.-Seguridade e saúde laboral.

Será de aplicación a lexislación vixente sobre seguridade e saúde laboral, e ámbalas partes velarán polo seu estricto cumprimento.

Todo traballador será recoñecido, polo menos unha vez ó ano.

Artigo 25º.-Cota sindical.

A empresa, logo de solicitude do interesado, efectuará as retencións pertinentes pola cota sindical.

Artigo 26º.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio serán sometidas á comisión paritaria que estará constituída por un representante designado polos traballadores e un representante designado pola dirección da empresa, que formasen parte da comisión negociadora do convenio.

Tódolos conflictos, tanto individuais como colectivos que puideran xurdir durante a vixencia do presente convenio, deberán someterse, como trámite previo e perceptivo, ó dictame desta comisión.

Ámbalas dúas partes poderán incorporar asesores.

Artigo 27º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido no presente convenio, estarase ó disposto no laudo arbitral dictado por Jaime Montalvo Correa, que establece as condicións de traballo para as industrias de captación, elevación, conducción, tratamento, depuración e distribución de auga, de 30 de xuño de 1998, Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Artigo 28º.-Definicións de categorías.

As categorías profesionais nas que deben estar encadrados, a título meramente enunciativo, os traballadores acollidos a este convenio serán:

* Persoal técnico e administrativo.

Xefes de servicio.

Son os que posuíndo a capacidade e coñecementos adecuados, teñen delegada baixo o seu mando e responsabilidade a dirección ou inspección (ou ámbalas funcións) da explotación.

Auxiliares administrativos.

Son os que axudan ós seus superiores en traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, custos e preparación de recibos e cargos, etc.

Lectores.

Son os que anotan o consumo sinalado polos contadores dos aboados nos rexistros da empresa ou entidade en libretas ou outros medios que constan en poder daqueles, realizando o conxunto de operacións de restas, renovación de libretas de aboados e similares, que consonte as normas e costumes propios da organización de cada empresa, son necesarias e oportunas para proceder á ulterior facturación de subministracións, debendo dar conta ós seus superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas de contadores.

Cando non realicen o seu traballo normal de lectura poderáselles encomendar na oficina traballos de repaso, comprobación e similares do conxunto de operacións que constitúen o seu labor habitual, e poderán efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

* Persoal operario.

Oficiais de terceira.

Considéranse como tales os que, coa formación profesional elemental das funcións que integran un oficio, executan os traballos de acordo coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun superior.

Peóns especialistas.

Son os empregados que con determinados coñecementos da especialidade, execútana ou axudan ós oficiais.

Peóns.

Realizan as actividades da empresa que non precisan unha capacitación específica e cantas requiran a súa colaboración para o logro dos obxectivos encomendados.

Os peóns con antigüidade superior ós dezaoito meses ascenderán automaticamente a peóns especialistas.

Táboa anexo nº I

Xefe de servicio1.100 A

Auxiliar administrativo596 A

Lector587 A

* Persoal operario

Oficial 3ª 659 A

Peón especialista590 A

Peón587 A

Táboa anexa nº II

Antigüidade (euros/mes)

Categoría1 bienio2 bienos2 B. e 1 Q.2 B. e 2 Q.2 B. e 3 Q.2 B. e 4 Q.

Todas10.2220.4445.6872.1296.16120.20

Táboa anexa nº III

Valor hora extra única, nocturna e festiva

Anos 2002 e 2003Anos 2004 e 2005

Auxiliar administrativo9.02 A10,00 A
Lector9.02 A10,00 A

-Persoal operario
Oficial 3ª9.02 A10,00 A
Peón especialista9,02 A10,00 A
Peón9.02 A10,00 A