Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 25 de abril de 2002 pola que se acorda a cesión de bens mobles automóbiles, propiedade do Servicio Galego de Saúde a favor de determinados concellos.

O Servicio Galego de Saúde, co fin de mellora-la prestación da asistencia sanitaria na Comunidade Autónoma, concedeu permisos de utilización temporal a favor de distintos concellos, de varias ambulancias propiedade deste.

Algúns deses vehículos, en virtude do tempo transcorrido, non son útiles na actualidade para a realización de labores de ambulancia e, de acordo co Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario, rebasan o tempo máximo establecido para o seu destino con fins sanitarios. Por todo isto, os concellos de Cuntis, Maceda, Malpica, Moaña, Padrón, Poio, Riós, Ribeira e Taboadela solicitan a cesión dos vehículos que utilizan para ser destinados a outros fins que redunden no interese xeral do municipio.

Con este fin o Servicio Galego de Saúde tramitou o expediente de cesión dos devanditos vehículos, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da

Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo.

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Esta orde ten por obxecto acorda-la cesión da propiedade de determinados bens mobles automóbiles (descritos no seu anexo) a favor dos concellos de Cuntis, Maceda, Malpica, Moaña, Padrón, Poio, Riós, Ribeira e Taboadela.

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social do concello tal e como esixe o artigo 96 bis do Decreto 50/1989 e 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Au-

tónoma.

b) Coa cesión outorgaráselle ó concello a propiedade do vehículo, comprometéndose este a realizar ante a Xefatura Provincial de Tráfico os trámites precisos para o cambio da titularidade do vehículo.

c) Os bens cedidos destinaranse a outros fins de utilidade pública ou interese social do concello, debendo este proceder a retirar do vehículo todo anagrama ou rotulación que puidera identificalo como vehículo sanitario, así como a aboa-los gastos que puidese orixina-la transformación do devandito vehículo.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo director xeral da División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde e o órgano competente dos distintos concellos, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O Servicio Galego de Saúde, a través de seu órgano competente, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón na presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Relación de vehículos:

VehículoMatrículaConcello

Nissan VanettePO-2434-AFCuntis
Nissan SerenaC-1144-BLMaceda
Nissan VanetteC-9482-BDMalpica
Nissan SerenaC-1143-BLMoaña
Nissan VanetteC-4935-ALPadrón
Nissan VanetteC-9091-BGPoio
Nissan VanetteC-5388-AVRiós
Nissan VanetteC-6137-BSRibeira
Nissan VanetteOR-8488-KTaboadela