Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.572

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

EMPRESA MUNICIPAL DE VIVENDA E SOLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, S.A.

ANUNCIO de licitación.

Obxecto: concursos públicos para adxudicación de contratos de consultoría e asistencia técnica para a redacción dos proxectos de urbanización e dirección de obra dos ámbitos de planeamento parcial para solo residencial que a seguir se indican, coa expresión do tipo máximo de licitación (IVE incluído):

-SUNP-1 Meixonfrío: 72.180 euros.

-SUNP-22 Castro de Abaixo, 134.964 euros.

-SUP-6 Santa Marta: 147.948 euros.

Prazo de presentación de proposicións: 20 días hábiles.

Pregos de condicións: á disposición dos interesados nas oficinas de EMUVISSA, na Rúa do Vilar, 67-2º, Santiago de Compostela. Telf.: 981 58 26 76.

O custo deste anuncio será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Presidente do Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo

de Santiago de Compostela, S.A.