Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 3 de abril de 2002, do Organismo Autónomo Municipal Vigo Zoo, da contratación por concurso aberto da subministración de vestiario para o persoal deste organismo.

1. Forma de adxudicación: concurso a través de procedemento aberto.

2. Descrición do servicio a contratar: subministración de vestiario para o persoal de Vigo Zoo.

3. Prezo: o prezo máximo total establécese en 18.030,36 euros.

4. Prazo contractual: o contrato perfeccionarase coa entrega do vestiario ofertado sen prexuízo dos prazos de garantía que para cada peza de roupa estableza o fabricante.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Garantía definitiva: a garantía definitiva constituirase polo importe do 4% do prezo de adxudicación.

7. Clase de contrato: administrativo.

8. Órgano outorgante: Consello de Administración do Organismo Autónomo Vigo Zoo.

9. Presentación de ofertas: quince días naturais seguintes a partir da publicación do último dos anuncios no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n (Vigo). Teléfonos: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data e hora: ás 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en día non hábil ó de apertura de proposicións, ou, se por causas de forza maior non podera celebrarse, esta terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XVII do prego de condicións.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 3 de abril de 2002.

Amador Fernández Fernández

Presidente do Organismo Autónomo Vigo Zoo

EMPRESA MUNICIPAL DE VIVENDA E SOLO DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA, S.A.