Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

OFERTA de emprego público para 2002.

Provincia: Lugo.

Concello: Ribadeo.

Nº de código territorial: 27051.

Acordo corporativo de data 10 de xullo de 2001 e 11 de marzo de 2002.

A) Funcionarios de carreira:

a) Promoción interna:

1. Grupo C (segundo o artigo 25 da Lei 30/1984).

Escala de administración xeral. Subescala administrativa. Denominación: administrativo. Número de vacantes: dúas (postos RPT/0103 e 0104).

B) Persoal laboral fixo:

a) Acceso libre:

1. Responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias. Número de prazas: unha. Estudios requiridos: licenciado en psicoloxía.

2. Responsable Oficina Municipal de Información Xuvenil. Número de prazas: unha. Estudios requiridos: titulación universitaria de grao medio.

3. Responsable da Oficina Municipal de Información ó Consumidor. Número de prazas: unha. Estudios requiridos: graduado escolar, FP 1º grao ou equivalente.

Ribadeo, 23 de abril de 2002.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde