Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a adquisición de terreo.

Obxecto: a adquisición dun terreo para campo da festa e área recreativa de Lagares nas proximidades da capela de San Xiao, parroquia de San Félix, cunha superficie aproximada de 12.000 m.

Tipo de licitación: 18.000 A.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, en horario de 9 a 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio, no BOP ou DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego de condicións e de acordo co modelo de proposición anexo a el.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 14 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, excepto sábado.

Monfero, 13 de maio de 2002.

Andrés Feal Várela

Alcalde