Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración da canteira Navallos, da provincia de Lugo e promovida por Fábrica de Ladrillos de Puertomarín, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio

de efectos ambientais e o plan de restauración da canteira Navallos, situada en terreos do concello de Guntín de Pallares, provincia de Lugo, e solicitado por Fábrica de Ladrillos de Puertomarín, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais de Industria e Medio Ambiente correspondentes, así como no concello de Guntín de Pallares, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria