Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/485).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: E/S futuro C.T. Traseira Manuel Murguía.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: enlaces para reestructuración de servicio, na L.M.T. subterránea denominada SPV709, San Pedro-Sol, en conductor R.H.V. de 240 mm Al ou conductor 400 mm Al, existente en obra de 624 m de lonxitude total.

1. Intercala-los CC.TT. de Marquesa de Cavalcant, Manuel Murguía-Agra e Manuel Murguía II.

2. Intercala-lo C.T. Barrié de la Maza.

3. Intercala-lo C.T. Ambulatorio.

4. Intercala-los CC.TT. Canela e Cervigón.

5. Conexionar coa L.M.T. a C.T. rúa Cega.

Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña