Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia licitación e adxudicación dos contratos de obras que se citan.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Ourense.

2. Obras obxecto de licitación de carácter individualizadas e autónomas.

2.1. Nº expediente: 1/2002.

2.1.1. Obxecto do contrato:

a) Cubrición de patio e obras varias no CEIP Filomena Dato. A Valenzá.

b) Lugar de execución: A Valenzá. Barbadás (Ourense).

c) Prazo de execución: 7 meses.

2.1.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso.

2.1.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 83.995,09 A.

2.1.4. Garantía provisional: non se esixe.

2.1.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

2.1.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

2.2. Nº expediente: 2/2002.

2.2.1 Obxecto do contrato:

a) Substitución de cuberta e construcción de soportal cuberto no CEIP de Quins. Melón. (Ourense).

b) Lugar de execución: Quins. Melón (Ourense).

c) Prazo de execución: 7 meses.

2.2.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso.

2.2.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 71.996,11 A.

2.2.4. Garantía provisional: non se esixe.

2.2.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación

2.2.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

2.3. Nº expediente: 3/2000.

2.3.1. Obxecto do contrato:

a) Construcción de vestiarios e instalación de calefacción no ximnasio do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras (Ourense).

b) Lugar de execución: O Barco de Valdeorras. (Ourense).

c)Prazo de execución: 7 meses.

2.3.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso.

2.3.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 150.249,68 A.

2.3.4. Garantía provisional: non se esixe.

2.3.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

2.3.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C, categoría c.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

2.4. Nº expediente: 4/2002.

2.4.1. Obxecto do contrato:

a) Reposición parcial de cuberta, pavimentación de patio e obras varias no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras (Ourense).

b) Lugar de execución: O Barco de Valdeorras (Ourense).

c) Prazo de execución: 7 meses.

2.4.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso.

2.4.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 119.932,92 A.

2.4.4. Garantía provisional: non se esixe.

2.4.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

2.4.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Obtención de documentación e información: os proxectos, pregos de cláusulas administrativas particulares, prescricións técnicas e demais documentación complementaria, estará á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina no Servicio de contratación da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, sita na rúa do Concello, 11-4ª planta 32003 Ourense, Teléfono: 988 38 66 57, nº de fax: 988 38 66 00, enderezo correo electrónico: contratacion.ou.edu*xunta.es enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1211.

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite: antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte o da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Ourense, rúa Concello nº 11 planta baixa, ou por correo de acordo co artigo 205 do Regulamento de servicios de correos e na forma que se establece no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: admitirase como única variante a execución das obras nun prazo inferior ó previsto.

5. Apertura das ofertas: a apertura das ofertas será realizada en acto público, pola mesa de contratación, a partir das 12 horas do sexto día natural seguinte ó do peche de admisión de ofertas, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Edu

cación e Ordenación Universitaria en Ourense (rúa Concello, 11-7ª planta). No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

6. Os gastos deste anuncio serán por conta da empresa adxudicataria.

Ourense, 14 de maio de 2002.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

Felipe Ferreiro Feijoo

Delegado provincial de Ourense