Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia- para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada OU-312, treito Vilameá-Río Caldo (Ourense), clave: OU/01/7.1, termo municipal de Lobios.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 25 de xuño de 2001, procédese á aprobación do proxecto de construcción da obra de acondicionamento da estrada OU-312, treito Vilameá-Río Caldo (Ourense), clave OU/01/7.1, termo municipal de Lobios, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 27 de agosto de 2001 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios

para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 211/2001, publicado no DOG nº 183, de data 20 de setembro de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Lobios.

Día: 26 de xuño de 2002.

Horario: 9.30 a 13.30.

De: predios 1 ó 25.

Día: 26 de xuño de 2002.

Horario: 16 a 19.30.

De: predios 26 ó 50.

Día: 27 de xuño de 2002.

Horario: 19.30 a 13.30.

De: predios 51 ó 75.

Día: 27 de xuño de 2002.

Horario: 16 a 19.30.

De: predios 76 ó 100.

Día: 28 de xuño de 2002.

Horario: 9.30 a 13.30.

De: predios 101 ata o final.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Lobios e no Servicio Provincial de Estradas de Ourense, r/ Sáenz Díez nº 1.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas de Ourense, as alegacións que estimen pertinentes para o obxecto

de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 8 de maio de 2002.

José Manuel González Sánchez

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Ourense