Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.540

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2002 pola que se convoca un curso sobre ambiente: incendios, caza e pesca.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2002, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso sobre ambiente: incendios, caza e pesca, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Coñece-la normativa que afecta á temática do curso.

Domina-la operativa policial de cada un dos puntos, de xeito que se acade unha maior eficacia no traballo.

Destinatarios.

Membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comu

nidade Autónoma de Galicia; e no caso de quedaren prazas vacantes ós membros do corpo nacional de policía e garda civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 27.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 4 de xuño de 2002, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase durante os días 10, 11 e 12 de xuño de 2002, no seguinte horario:

Días 10 e 11: xornada de mañá (9.30 h a 14 h) e tarde (16 h a 19.30 h).

Día 12: xornada de mañá (9.30 h a 13.30 h).

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 6 de xuño de 2002 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este e superen as correspondentes probas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 8 de maio de 2002.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade