Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por poxa das obras que a seguir se relacionan, incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia Municipal e de Rede Viaria Local 2002:

1. Substitución da rede de abastecemento e ampliación da rede de saneamento na parroquia de Cambre, no tramo comprendido entre A Estorrentada-Rosales e Volta das Carrozas e saneamento na Pena da Nosa Señora ó Alto da Estorrentada: orzamento: 102.057,11 euros, IVE incluído.

2. Substitución de tramo da rede de abastecemento na parroquia de Cambre, desde a Volta das Carrozas ata centro comercial de Plantas Agrarias (CP-1708): orzamento: 59.808,59 euros, IVE incluído.

Os anuncios de licitación publicáronse no BOP nº 108, do 13 de maio de 2002.

Os interesesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 14 de maio de 2002.

P.D. (R.A. 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente de alcalde