Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal deste concello, en sesión do 12 de abril de 2002, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o expediente de modificacións puntuais das normas subsidiarias do planeamento municipal, referentes á recualificación de dúas parcelas sitas no solo urbano de Guísamo, segundo a documentación presentada polo arquitecto José Miguel Vázquez García e o avogado Juan Pérez Rodríguez, consistentes en: 1º Recualificar unha parcela, sita no solo urbano do núcleo de Guísamo, cualificada polas normas subsidiarias como equipamento público (escolar-deportivo), para transformala en residencial extensivo (vivenda unifamiliar). 2º Recualificar unha parcela, sita no solo urbano do núcleo de Guísamo, cualificada polas normas subsidiarias como residencial extensivo (vivenda unifamiliar), para

transformala en equipamento público (escolar-deportivo).

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio, calquera interesado poderá examina-lo expediente no concello: Servicio de Urbanismo, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Bergondo, 3 de maio de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente