Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de abril de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, as resolucións dos expedientes sancionadores VP-C 20 e 53/2001.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as resolucións dos expedientes sancionadores VP-C 20/01 e VP-C 53/01, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permantene o beneficiario, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

A esta infracción impónselle unha multa de 601,02 euros, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 23 de abril de 2002.

A Coruña, 23 de abril de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 20/01.

Susana Freire Miramontes.

R/ París, 23, port. F, 1º C.

R.6.2. Polígono das Fontiñas.

Santiago de Compostela.

Sanción de multa de 601,02 euros.

VP-C 53/01.

Antonio Barreiro Gómez.

R/ Estocolmo, 10, baixo B.

R.8.5. Polígono das Fontiñas.

Santiago de Compostela.

Sanción de multa de 601,02 euros.