Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de abril de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o arquivo da subvención complementaria destinada a mozos para a adquisición/promoción dunha vivenda de protección pública, en relación cos expedientes e coas persoas que se relacionan no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivo da subvención complementaria destinada a mozos para a adquisición/promoción dunha vivenda de protección pública, que literalmente transcrito di:

«Transcorrido o prazo de 15 días concedido por oficio do 25-8-2001 para a emenda das deficiencias observadas na solicitude de axudas, considérase que desistiu da petición polo que se propón, ó abeiro do disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de maio, o arquivo do expediente.

Motivos do arquivo:

-Non achega-la documentación requirida dentro do prazo concedido».

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución.

Pontevedra, 22 de abril de 2002.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-X-0238/01.

Interesado: Marta López Alfaya.

Último enderezo coñecido: rúa Padre Crespo, nº 71, 4º C (Redondela).

Intentos de notificación persoal: o 22-2-2002, ás 13.40 h.

Expediente: 36-X-0271/01.

Interesado: Francisco Martínez Rivas.

Último enderezo coñecido: rúa Braña, nº 5, 2º C (Ponteareas).

Intentos de notificación persoal: o 22-2-2002, ás 13.05 h.